A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, promove en Santiago de Compostela un Círculo de Silencio (que se desenvolve noutras cídades e vilas de Galicia, de España e tamén a nivel internacional) para recordar e denunciar de forma pública e continuada ás mortes que provocan as políticas de migración e refuxio dos países da Unión Europea, tamén as de España. TEREMOS EN CONTA DUN XEITO ESPECIAL A DETENCIÓN DA CAPITANA DUN BARCO DE RESCATE ALEMÁN, DETIDA EN ITALIA, POR SALVAR VIDAS HUMANAS NO MEDITERRÁNEO. NON PODEMOS TOLERAR TANTA INDIGNIDADE Ás cifras de ACNUR de mortes no mar, hai que sumar ás que se producen nos desertos de África e Oriente Próximo (antes de chegar ás costas próximas a Europa), ás que se producen nos mesmos campos de refuxidad@s, ou as que provocan tamén ás lexislacións de estranxeiría dos países da Unión Europea, incluída a Española. Por iso, convocamos ao conxunto da cidadanía galega e compostelá a participar nesta iniciativa:
O CÍRCULO DE SILENCIO DIRIXIDO NESTA OCASIÓN POR ESQUERDA UNIDA terá lugar este XOVES 4 DE XULLO, ás 20:00 H, na PRAZA DE CERVANTES.
Todos os primeiros xoves de mes, no mesmo lugar e a mesma hora, desenvolvemos durante 20 minutos un acto público similar, baseado no silencio, aberto áo conxunto da cidadanía.