O activismo da Costa da Morte está de loito. No día de onte falecía Herminio García Fernández, natural do lugar do Castro, na parroquia de Corcoesto, Cabana de Bergantiños (A Coruña).
Herminio García destacou pola defensa acérrima e tenaz da terra, da auga e os recursos naturais fronte a megaminería contaminante en Galiza e fíxoo en momentos difíciles, como foi o caso do fallido megaproxecto mineiro de Corcoesto, impulsado pola mineira canadiana Edgewater entre os anos 2011 e 2013. E voltouno a facer recentemente no caso do proxecto de mina a ceo aberto de Touro –O Pino, cando estivo presente nas manifestacións de Touro e de Santiago de Compostela, empuñando a pancarta e o megáfono.
Viviu e defendiu a terra con valentía, en primeira liña como debe ser, e nun momento no que o activismo en Galicia ainda non cobrara a auxe que ten na actualidade.
Herminio sentou precedente para as xeracións futuras. Como activista e veciño tivo un papel relevante e gran influencia na defensa ambiental de Galiza e en particular da súa parroquia, Corcoesto.
Na túa memoria Herminio, benquerido amigo, maestro, socio e veciño, que a terra che sexa leve e xa nos veremos.
Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo
Descanse en paz
Me gustaMe gusta