Os impactos do cambio climático son cada vez máis evidentes. A intensidade da última pinga fría, que o pasado mes de xullo fose o máis caloroso desde que temos rexistros ou a virulencia dos incendios na Amazonia son só algúns exemplos diso. Pero isto ti xa o sabes. O teu constante apoio á loita por coidar o noso planeta é a proba diso.
Por iso agora necesitámoste para facer algo máis.
O vindeiro venres 27 de setembro terá lugar a Folga Mundial polo Clima, que culminará con numerosas manifestacións en todo o territorio. Impulsadas polo movemento da Mocidade polo Clima, miles de persoas sairemos á rúa para dicir, (para berrar!) á clase política que non poden deixar pasar nin un minuto máis sen aplicar solucións. Non responder con suficiente rapidez e contundencia á emerxencia climática supoñerá a morte e o aumento da pobreza extrema para millóns de persoas, ademais da extinción de moitas especies e, mesmo, de ecosistemas completos.
Necesitamos decisións que se tomen en serio a emerxencia climática e que vaian ás causas: abandonar os combustibles fósiles e levar as emisións de gases de efecto invernadoiro a cero. E necesitámolas xa. Contamos contigo?
Busca a túa convocatoria máis próxima.
Un comentario sobre “O próximo 27 S non te podes quedar na casa”