Galería

A sempre esquecida mámoa do monte Perrol

A Declaración de impacto ambiental formulada pola dirección xeral de calidade e avaliación ambiental en data 4 de agosto de 2004, relativa ó proxecto do parque eólico Silvarredonda, no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), promovido por Enel Unión Fenosa Renovables, S.A. indicaba expresamente no referente á mámoa do monte Perrol:

“Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, levarase a cabo o proxecto arqueolóxico autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

En relación co impacto sobre o xacemento Mámoa do Monte Perrol, levaranse a cabo as seguintes medidas correctoras:

– Sinalización e balizamento, con material non perecedoiro, do xacemento arqueolóxico.

– Deberase preserva-lo valado tradicional que delimita a finca onde se empraza o xacemento.

– A área de exclusión para este xacemento correspóndese coa referenciada na páxina 28 da “Memoria del estudio de impacto sobre el Patrimonio Cultural” e no plano nº 4 da devandita documentación.

– Prohibición de calquera tipo de remoción de terras no ámbito de protección legal.

En base ós resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras”.

Sen embargo, calquer referencia á mámoa no Plan de seguimento ambiental realizado pola empresa promotora do parque eólico,  limitouse a facer referencia ao balizamento da mámoa durante a execución do parque eólico e nin sequera está sinalizada.

Desde o ano 2004 e na actualidade, a mámoa continúa esquecida.

O propio concello de Cabana de Bergantiños, obvia calquer referencia a esta mámoa no novo Plan xeral de ordenación municipal arestora en tramitación, contribuindo así máis ao esquecemento do túmulo.

  • Monte Perrol e Cabeza Carneiro, lugar estratéxico do culto celta ao sol

O Monte Perrol é unha elevación orográfica de 439,015 metros. Alberga o parque eólico Silvarredonda. O seu nome fai referencia a monte baixo de matorral de baixa aptitude agrícola. Aos seus pés nace por un lado a fonte de Sta. Margarida de Baneira (ou Vista Alegre), que discorre polo val de Bello, e polo outro, a fonte Cardeira, no lugar de Aldemunde, orixe do val fluvial do río Lourido, a día de hoxe Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP 09_02).

Cabeza Carneiro está situada no punto máis alto do monte Perrol, onde están ubicados os muíños eólicos do parque de Silvarredonda.

O topónimo Cabeza Carneiro evoca os mitos e lendas dos poderosos cornos do carneiro que inspiraron aos creadores de instrumentos para as batallas, como o ariete, empregado para derribar as portas das fortalezas inimigas.

Os cornos do carneiro simbolizaban a abundancia e a vitoria na batalla. Existiu un importante culto relixioso entre os Celtas ao deus Ar o Ram, o carneiro solar, que empregaba o símbolo dunha serpe con cabeza de carneiro, como símbolo de renovación.

A presencia de dous carneiros golpeando as súas cabezas competindo pola supremacía na manada é unha poderosa imaxe que aínda impresiona hoxe en día. No Antigo Testamento, o carneiro é representado como símbolo de rendición e sacrificio. Para os hebreos, o carneiro representaba a batalla e o liderazgo.

Como mamífero rumiante ovino, macho, con cornos robustos, estriados transversalmente e arroiados en espiral era moi admirado polos celtas.

Os seus cornos en espiral simbolizaban a creación e o xiro constante das estrelas no ceo nocturno. As estacións cambiaban e retornaban cada ano como puntos dunha roda xigante, e as estrelas dos ceos parecían rodar cara arriba, virando no eixo da Estrela do Norte. O continuo movemento do espiral tamén simbolizaba a sempre expandible natureza da sabedoría e o coñecemento.

As cabezas eran utilizadas como talismáns protectores, polo que podían colocarse ou colgarse en lugares estratéxicos, á entrada das vivendas ou no alto das murallas. Crían que así o castro sería protexido das forzas invasoras, malos espíritos e seres diabólicos. Ao mesmo tempo, os habitantes do castro eran bendicidos.

Polo tanto, aparte da máis que posible presencia destes rumiantes no cumio do monte Perrol tamén é probable a existencia dun asentamento ou lugar de especial significancia para os celtas que estaría protexido pola cabeza dun carneiro e no que se rendiría culto ao sol, como podería ser neste caso a inmensa mámoa esquecida do monte.

A ver se algunha Administración, sexa o concello de Cabana de Bergantiños ou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, se acordan algún día deste impresionante xacemento arqueolóxico de considerables dimensións.

mámoa Monte Perrol
A sempre esquecida mámoa do monte Perrol
monte Perrol
Monte Perrol desde o val de Bello ou Vista Alegre

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s