Galería

Que normativa protexe ás carballeiras e aos soutos galegos “bosques antigos” (ancient woods)?

O bosque galego sufriu unha importante recesión territorial nos últimos anos, sendo cada vez máis escasa a existencia de bosques formados por especies nativas que manteñan unha estrutura e biodiversidade próxima á naturalidade, e/ou que estean conformados por espécimes lonxevos ou simplemente que se correspondan con masas que persistiron como tales dende hai máis de 250 ou 500 anos.

Estes tipos de bosques son identificados internacionalmente como “bosques antigos” (ancient woods) e son obxecto de medidas de conservación e protección específicas.

En Galicia non existe unha protección específica para este tipo de formacións e, ano tras ano, prodúcese a perda ou degradación de bosques antigos de gran valor ambiental e cultural. A case totalidade dos bosques nativos de Galicia correspóndese con hábitats de interese comunitario, a protección da cal, tanto dentro da Rede Natura 2000 como no resto do territorio, vén derivada, entre outras, polo artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade.

Pero esta protección así como a derivada doutras normativas autonómicas e estatais non resultan suficientemente efectivas para deter a perda de bosques nativos, especialmente de bosques de ribeira, carballeiras e bosques de encostas.

IMG_20200808_153636
Carballeira de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto, AEIP Val fluvial do Lourido

Hai áreas de Galicia nas que existe unha importante superficie de bosques nativos, representados por facies de carballeiras climácicas (Quercus robur, Quercus pyrenaica, Quercus suber), así como de soutos de Castanea sativa. Bosques que se corresponden con distintos tipos de hábitats de interese comunitario (Anexo I da Directiva 92/43/CEE e da Lei 42/2007) e que, en moitos casos, cumpren os criterios esixidos para os designados como “bosques antigos”.

Existen tamén hábitats comunitarios non prioritarios (pero tamén sometidos a normas de protección que eviten a súa “deterioración”) que, segundo o Manual de Interpretación de los Hábitats de la Unión Europea (EUR-27 2007 e EUR-28 2013) e pola información técnica do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (2012), serían definidos como carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica (9230) así como Bosques de Castanea sativa (9260).

En Galicia é frecuente identificar os seguintes hábitats de interese comunitario, prioritarios e non prioritarios nas carballeiras e soutos:

  • Ríos, de pisos de planicie a montano con vexetaciónde Ranunculion (3260)
  • Breixeiras secas europeas (4030)
  • Breixeiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris (4020*)
  • Prados pobres de sega de baixa altitude (6510)
  • Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (91EO*)
  • Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica (9230)
  • Bosques de Castanea sativa (9260)
  • Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion (8230)

(Os hábitats prioritarios aparecen indicados con “*“). (Anexo I. Tipos de hábitats naturais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación. Interpretación. No “Manual de Interpretación dos Hábitats da Unión Europea”, aprobado polo comité establecido polo artigo 20 (“Comité Hábitats”) e publicado pola Comisión Europea, ofrécense orientacións para a interpretación de cada tipo de hábitat. 

 

En relación cos tipos de hábitats de interese comunitario (non prioritarios) de carácter arbóreo sería pois de aplicación todos os supostos que atendan a protexelos da súa “deterioración” (artigo 46 da Lei 42/2007).

IMG_20200808_153523
Carballeira de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto, AEIP Val fluvial do Lourido

Neste sentido, a afección de calquer proxecto industrial ou construtivo, impulsado por promotores particulares ou públicos, sobre os hábitats de carballeiras (9230) e soutos (9260) dá orixe a unha afección moi grave sobre o estado de conservación destas masas, ao provocar a súa redución superficial, a súa fragmentación, alterando a estrutura e as funcións ecolóxicas dun bosque nativo.

Esta redución superficial dos hábitats vese cada día no territorio galego.

  • As omisións frecuentes das avaliacións ambientais (ordinarias e simplificadas)

Entre as omisións máis notorias das avaliacións ambientais atópase a relativa a dous tipos de hábitats de interese comunitario: carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica (9230), e bosques de Castanea sativa (9260). Hábitats que son doadamente recoñecibles e que a súa identificación non mostra ningún problema en relación cos criterios establecidos no Manual de Interpretación de los Hábitats de la Unión Europea e nos documentos técnicos do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Os mencionados hábitats constitúen un exemplo singular dun bosque antigo galego e que forman un ecosistema forestal de grande interese tanto cultural como natural.

Por desgraza as deficiencias derivadas das fases de diagnóstico ambiental acrecéntanse na fase de avaliación, onde non se puideron ter en conta as repercusións dos proxectos sobre determinados tipos de compoñentes (hábitats 9230 e 9260), ao non ser estes correctamente identificados. Isto determina unhas perdas de obxectividade e fiabilidade de todos os procedementos de avaliación de impacto ambiental e en especial das Declaracións de impacto ambiental e dos documentos ambientais.

IMG_20200808_153438
Carballeira de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto, AEIP Val fluvial do Lourido

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s