Galería

As escopetas suman máis cós criterios científicos, na matanza do lobo autorizada pola Xunta de Galicia para mañá domingo, no municipio de Xove (Lugo)

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, que xestiona Belén do Campo e a consellería de Medio Ambiente que dirixe Ángeles Vázquez, guíanse por criterios populistas e apártanse dos informes técnicos e científicos, para autorizar a cacería do lobo na xornada de mañá domingo en Xove (Lugo).

Así a Dirección Xeral de Patrimonio Natural autoriza a cacería, actuando en contra dos criterios científicos e dos informes técnicos do propio servizo de Patrimonio Natural, que constata a ausencia total de medidas preventivas, pese a que os danos lévanse producindo dende hai máis dun ano.

A responsable da conservación do patrimonio natural, a directora Belén do Campo contradí ademais o Plan de Xestión do Lobo, segundo o cal Xove atópase na Zona 3, establecendo como criterios necesarios para autorizar a caza do lobo a existencia de medidas de prevención; e en todo caso, o encargado de abater un exemplar sería o persoal da Consellería, nunca cazadores.

O 7 de agosto de 2019 e de novo o 18 de xuño deste 2020, as entidades ambientais Rebinxe e Grupo Lobo Galicia informan por rexistro nun informe científico-técnico da situación do grupo familiar de lobos establecido dende hai tempo na zona, advertindo ademais da desprotección das reses de gando menor e recomendando unha serie de medidas preventivas sinxelas e de baixo custo para implementar de urxencia e facilitar así a coexistencia co lobo.

Se ben se entende o dano que produce aos propietarios dos animais, sen embargo a administración debe velar polos intereses xerais, garantindo a conservación da especie e ao mesmo tempo dotando de axudas e información aos gandeiros/as da zona. Non obstante, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia responde coa indiferencia e o silencio como resposta. Débelle de parecer que as escopetas suman máis cós criterios científicos.

Diversas asociacións ecoloxistas como Ecoloxistas en Acción Galiza e Lugo, Adega, Petón do Lobo, Ouriol do Anllóns, Cova Crea, o Comité pola Defensa das Rías Altas e outras, solicitaron tanto ao Seprona como a Fiscalía de Medio Ambiente de Lugo e á propia Consellería a suspensión inmediata da matanza prevista.

En pleno século  XXI a sociedade humana conta cos mecanismos necesarios para protexer ao gando, sen matar a un depredador apical indispensable para o control natural de especies, como o xabaril. Matar lobos non é a solución.

Mañá a Xunta de Galicia permitirá unha batida de caza que tratará de asasinar un lobo contravindo a propia normativa de «xestión» da especie en Galicia. Non existe estudo científico que diga que matar lobos axuda a nada.

Egg2uJtVgAcAzLD
Imaxe de Grupo Lobo e Rebinxe

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s