Galería

La Voz de Galicia de Carballo apercibida por terceira vez por realizar un tratamento inadecuado da violencia machista

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia contactou co director da Voz de Galicia para apercibirlle polo tratamento inadecuado da violencia machista e “para continuar velando pola eliminación dos estereotipos de xénero e a promoción da igualdade entre mulleres e homes a través dos medios de comunicación”. Así o explicaba nunha comunicación remitida á asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, que manifestara o seu malestar polo tratamento que a redacción de Carballo da Voz de Galicia realizara sobre dunha nova sobre violencia de xénero publicada o pasado domingo, 6 de setembro de 2020, na edición de Carballo dese xornal co seguinte titular: “Malestar con la abogada del asesino de Cabana por una charla antiviolencia”, da autoría do xornalista Toni Longueira Vidal.

Non é a primeira vez que a Redacción da Voz de Galicia de Carballo é apercibida pola Xunta de Galicia, posto que xa o fixera con anterioridade en dúas ocasións. O 13 de novembro de 2018 coñecíamos o artigo “Doctrina” de Cristóbal Ramírez, publicado ese mesmo día na edición da Voz de Galicia de Carballo, que cuestionaba a existencia da desigualdade de xénero.

Outro correctivo da Secretaría Xeral de Igualdade a este xornal producíase o 22 de xaneiro deste ano, en relación a unha nova asinada de novo polo xornalista Antonio Longueira Vidal, que comezaba coa seguinte cabeceira: “Denúncianme por acoso, estiven 21 horas detido e, por riba, intentan botarme da estrada”.

A Secretaría Xeral de Igualdade agradece o traballo da asociación por contribuir no impulso da igualdade por razón de xénero no ámbito da comunidade autónoma, posto que é precisa a colaboración de todas e todos para erradicar prexuizos por razón de xénero e acadar unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

Resulta cando menos controvertido que La Voz de Galicia, o xornal que máis diñeiro público recibe da Xunta de Galicia, incumpra de xeito reiterado a ética profesional no tratamento das informacións relativas á violencia machista.

Véxase:

https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/2018/11/25/la-voz-de-galicia-o-xornal-que-mais-dineiro-publico-recibe-da-xunta-de-galicia-apercibido-pola-secretaria-xeral-de-igualdade-pola-publicacion-dun-artigo-machista/

https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/2020/02/07/correctivo-da-secretaria-xeral-de-igualdade-da-xunta-de-galicia-ao-xornal-la-voz-de-galicia-por-xerar-unha-idea-distorsionada-e-afastada-da-realidade-no-tocante-as-denuncias-en-materia-de-violencia/

A violencia machista é unha das máis crueis manifestacións da discriminación que sofren as mulleres

Os medios de comunicación desempeñan un papel fundamental como creadores da opinión pública. Por iso, unha información comprometida coa eliminación da violencia machista non debería supoñer unicamente o informar sobre casos illados, senón tamén contribuír á formación de opinións éticas e dunha conciencia crítica no seu conxunto.

En moitas ocasións, a idea que temos da realidade social vén determinada pola forma que as noticias chegan a nós e a forma en que estás transmítennos esa realidade.

Tanto os medios de comunicación como a sociedade deben coñecer en que consiste a violencia machista e as súas dinámicas e estratexias para detectar cando se está informando mal diso.

Por iso a xornalismo ten que ser responsable e:

1.- Tratar a violencia machista como unha violación dos Dereitos Humanos e un atentado contra a liberdade e a dignidade das persoas.

2.- Evitar o  sensacionalismo.

3.- Non confundir o morbo co interese social.

4.- Evitar o efecto de normalización da violencia.

5.- Contrastar as noticias, informar con datos fidedignos.

6.- Diferenciar a información sobre violencia machista dunha noticia convencional.

7.- Fuxir dos estereotipos de marxinalidade referentes á nacionalidade, cultura ou crenzas das persoas implicadas.

8.- Definir claramente a figura do agresor, pero controlando o contido da información.

9.- Respectar a dignidade da vítima, non criminalizala.

10.- A violencia machista golpea tamén á contorna máis próxima da  vítima.

11.- Utilizar unha linguaxe puramente informativa e cunha dose de sensibilidade cara ao problema.

4 comentarios sobre “La Voz de Galicia de Carballo apercibida por terceira vez por realizar un tratamento inadecuado da violencia machista

  1. Vou dicir duas obviedades:
    La Coz non é periodismo.
    A Xunta non ten interese ningún pola violencia de xénero máis que o mínimo para manterse.

    E unha cuestión: alguén sabe das redes clientelares entre Colexio de Psicoloxía, Secretaria de Igualdade e terapeutas de violencia de xénero? Porque o programa Abramos O Círculo semella o área 51. Non existe redacción do programa, en 20 anos non hai publicacións científicas, non existen rexistros de resultados e eficacia. Eso sí, a pasta flúe en forma de saborosos convenios e La Coz ten algún artigo de peloteo de cando en cando.

    Me gusta

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s