É o río Támega o máis castigado de todos os ríos de Galicia?
O río Támega é un río ourensá que percorre os municipios de Laza, Cuadrelo, Castrelo de Val, Verín e Monterrei. Nace en San Mamede, unha serra situada a unha altura duns case 1.000 metros. Este río pertence a Conca hidrográfica do Douro porque as súas augas continúan o camiño por territorio de Portugal.
O río nace no municipio de Laza, no Alto de Talariño e ata a súa desembocadura no río Douro (Portugal) ten unha lonxitude de 145 km. Destes, 39 km percórreos en territorio galego.
Os valores ambientais do seu bosque de ribeira son elevados. Así atopamos masas de alnus glutinosa, fraxinus angustifolia, betula alba, sambucus nigra, salix atrocinerea…, e algunha que outra masa homoxénea de quercus robur.
En canto aos valores piscícolas destaca a especie de interese comunitario pseudochondrostoma duriense.
Entre as ameazas cotiás deste río están as verteduras sen depurar, os numerosos incendios forestais dá zona arrastran ao leito enormes cantidades de finos en suspensión, a presión dás captacións para regadío coa conseguinte diminución do caudal, as malas prácticas forestais….etc.
A pesar dá súa protección como LIC (está incluído no LIC ES1130005 “Río Támega”) non existe un plan específico e vinculante de protección do leito.
Entre os seus afluentes destaca o río de Cabras ou Cerdedelo, o río Cereito, o rego Souteliño, o río de Ribas e o río Codias.

A contaminación do río Támega, un mal persistente
No ano 2014 o río Támega sufriu as consecuencias dá construción dá liña de alta velocidade do AVE. O seu afluente, o río Cabras que nace nos montes de Cerdelo e Toro, foi afectado pola execución das obras desta infraestrutura.
Por estas datas as augas do Támega baixaban grises ao seu paso por Laza, Matamá, Retorta e Arcucelos. De igual xeito aparecían os seus afluentes como o regacho dá Teixera cheo de sedimentos pulverulentos e persistentes nas augas.
Sen dúbida as obras do AVE foron bastante malas para este río que chegou a ser o destino de metáis pesados como o chumbo e o arsénico en concentracións anómalas. Ata o punto de que no regacho Felgueira estaba autorizado un verquido industrial de clase II para as obras do túnel de alta velocidade do Corno.
O río Támega sofriu como ningún outro, toda a contaminación do AVE durante varios anos. Xunto o Támega outro río que tamén sofriu as tristes consecuencias destas obras foi o río Camba. O río Camba é un afluente do río Bibei, tributario do río Sil e que acaba o seu percorrido no río Miño.

A contaminación no río Camba polas obras dá liña de alta velocidade AVE
O río Camba tamén nace no municipio de Laza, na Serra de San Mamede, a 1.480 metros de altura, e desemboca as súas augas no Bibei á altura dá vila de Viana do Bolo. Durante o seu curso atravesa ademais os municipios de Castrelo de Val e Vilariño de Conso.
No ano 2013 a Plataforma pola defensa do pobo de Campobecerros denunciaba unha e outra vez os verquidos que as obras do AVE realizaban nos regos Foxo, Lanuxe, Valcobo e o río Camba.
Xa naquela época, ao igual que agora, o ADIF negaba calquer responsabilidade en relación á contaminación do río.
A problemática era tan frecuente que chegou ao Parlamento europeo no ano 2013. Non obstante, polos motivos que fosen, ningunha dás representacións políticas do europarlamento lle interesou tratar ou tema, incluso ás representacións dos partidos políticos galegos en Bruxelas.
Contaminación na lagoa de Mourazos
Estes días producíase unha importante contaminación dá lagoa de Mourazos, na ribeira do Támega, que deu lugar a unha elevada mortantade de peixes, ben pola falla de osíxeno ou a mala calidade dá auga. As beiras dá lagoa están cheas de refugallos e lixo. Ademais as verteduras incontroladas nas proximidades dá lagoa dificultan en gran medida a vida acuática.

A contaminación do Támega onde a ponte de Oímbra
Esta terceira semana de setembro as augas do Támega feden á altura da ponte de Oimbra. Xa non é só o sucedido na lagoa de Mourazos e o lixo que a rodea. A opacidade das súas augas demostran que as redes de saneamento e depuración de residuais ou non existen ou non funcionan. O río está nunha situación crítica que ameaza a supervivencia dos ecosistemas fluviais.
A contaminación do río Támega no Parlamento europeo
No ano 2014 unha petición da asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo chegaba á Comisión de Peticións do Parlamento europeo. A petición solicitaba que a eurocámara apoiara unha investigación sobre a vertedura de residuos nos ríos Tamega e Camba co motivo dá construción da liña do tren de alta velocidade AVE nunha Zona de Especial Protección (ZEPA) para as aves e o LIC ‘Castrelo de Val’ na provincia de Ourense. Os ríos estaban a arrastrar os materiais xerados pola creación de entullos e pistas.
A Petición foi admitida a trámite o 20 de xullo de 2015.
O 29 de xuño de 2016 a Comisión europea indicaba:
«O proxecto ao que se refire a peticionaria foi sometido a unha avaliación de impacto ambiental, que inclúe o impacto sobre espazos da Rede Natura 2000, en aplicación do artigo 6, apartado 3, da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva sobre hábitats). A declaración de impacto ambiental concluíu que o proxecto era viable desde o punto de vista ambiental e que non se esperaba ningún impacto negativo importante, sempre que se aplicasen debidamente as medidas e controis propostos. A declaración de impacto detallaba algunhas medidas de mitigación para previr repercusións importantes sobre os espazos da Rede Natura 2000 afectados, en particular o LIC «Río Támega» ES1130005. A declaración de impacto concedeu especial importancia ao control do impacto e a efectividade das medidas preventivas e correctivas, o cal inclúe a remisión de informes técnicos ás autoridades competentes cada seis meses. Entre outras cousas, o programa de seguimento debería verificar a aplicación de medidas para previr a contaminación da auga polas verteduras dos materiais das escavacións, o mantemento dos desaugadoiros e o correcto fluxo de augas de escorrentía. Así, por exemplo, a Confederación Hidrográfica do Douro estableceu un sistema de vixilancia permanente ao longo do curso do río Támega para controlar a vertedura de produtos tóxicos que poidan danar a vida acuática. A petición denuncia a aplicación inadecuada destas medidas e a falta de garantía do cumprimento por parte das autoridades competentes. Non se proporcionou información específica sobre como as obras afectan os obxectivos de conservación do espazo da Rede Natura 2000 ou da incorrecta execución das obras en relación coas condicións establecidas pola declaración de impacto».
O 4 de setembro de 2019 dábase por concluído o exame da petición sin aportar solución algunha á contaminación do río Támega.
Que fai a Confederación Hidrográfica do Douro?
Agora tócalle á Confederación Hidrográfica do Douro informar sobre do resultado desa vixilancia activa e permanente ao longo do curso do río Támega para controlar a vertedura de produtos tóxicos que poidan danar a vida acuática.
Á vista do resultado está claro que alguén non está a cumprir co seu traballo. Preguntamos á CHD sobre da súa responsabilidade.
