Unha macrogranxa no lugar de Señoráns, na parroquia de Salto (Vimianzo) ameaza a calidade das augas de consumo doméstico do núcleo urbano de Laxe
- A veciñanza de Laxe e Vimianzo non ten constancia do proxecto industrial ao non existir información pública desde os concellos.
- A fosa séptica ubicada a menos de 50 metros do río Gundar, afluente do río Grande, podería abranguer uns 10 millóns de metros cúbicos de puríns.
- Os lixiviados de silos poderían acabar depositados nas terras e no propio cauce.
- As remocións de terra por medios mecánicos, e sen control algún das Administracións competentes pese a seren advertidas da problemática ambiental, prexudicarían e afectarían ós mananciais existentes na área de actuación.

As verteduras de xurros poden contaminar o chan por exceso de nutrintes (nitróxeno, fósforo e potasio), á súa vez ás augas continentais polos seus nitratos, e a atmosfera polas súas emisións de amoníaco, metano e malos cheiros.
As obras da macro granxa industrial do lugar de Señoráns, na parroquia de Salto, que avanzan a bo ritmo están rodeadas de tal opacidade que sorprende á veciñanza tanto de Laxe como de Vimianzo, afectadas por esta.
A máxima preocupación veciñal céntrase na posible contaminación por nitratos dos chans e dos cauces fluviais. Tamén preocupa a falla de transparencia e a opacidade que rodea ao proxecto tanto desde o propio concello de Laxe como de Vimianzo.

As granxas intensivas empregan sistemas de limpeza nos que se utiliza a auga a presión para o arrastre das dexeccións. Este sistema, que nun primeiro momento facilita considerablemente o manexo dos excrementos e achega melloras nas condicións hixiénicas e sanitarias das granxas, ten, pola contra, a enorme desvantaxe do gran incremento do consumo de auga e da complicación do manexo do xurro. O xurro é o esterco licuado, pastoso ou semilíquido, con forte cheiro amoniacal, resultado da mestura das defecaciones, augas de lavado e restos de pensos. A excesiva achega de esterco provoca que os nitratos, váianse filtrando e terminen contaminando acuíferos e augas superficiais.
Estas macro granxas de vacún sin control expoñen aos lindeiros aos efectos perniciosos dos xurros, que vai desde os malos cheiros e irritacións producidas pola urea ata a exposición ás nitrosa minas (potencialmente canceríxenas), pasando pola exposición a axentes patógenos como Salmonella, Brúcela, Mycobacteriumtuberculosos, Leptospira, Yeersinia, Campylobacter, Erysipelothris, Listeia e Treponema entre outros.
A OMS advirte do perigo de consumir auga que conteña máis de 25 miligramos de nitratos por litro. A Unión Europea non permite o consumo daquelas augas cuxa concentración de nitratos supere os 50 µ g/ l, un nivel que se supera con fartura en moitos acuíferos españois e acaba afectando seriamente á saúde da poboación próxima.
As augas afectadas por exceso de nitratos deixan de ser potables, xa que os nitratos poden pasar a formar nitrocompuestos (NON2X) e grandes cantidades de refugallos de ácidos, que acaban contaminando os chans e a auga de consumo, converténdose nun grave problema de saúde pública que deriva en enfermidades concorrentes nos núcleos urbanos abastecidos por estas augas.
Por iso, a veciñanza de Laxe e Vimianzo piden aos Alcaldes respectivos que lles informen sobre este macro proxecto de granxa industrial e sometan á información pública tanto o proxecto como o preceptivo documento de avaliación ambiental, xa que ademais o proxecto queda moi preto das casas.
