Galería

O dereito a participar na toma de decisións con respecto á localización e implantación dos parques eólicos en Galicia

O dereito fundamental á participación implica o deber da mercantil promotora de realizar enquisas ou consultas populares, para coñecer o nivel ou grao de aceptación da cidadanía afectada con respecto ao proxecto industrial que pretende implantar no ámbito da comunidade local afectada, sobre todo se temos en conta que o Plan Sectorial Eólico de Galicia, (aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, nos termos que recolle a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 14 de outubro de 1997), e con unha modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobada definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 5 de decembro de 2002, nos termos que recolle a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 20 de decembro de 2002 (D.O.G. 3/01/03), non incorpora a normativa das Paisaxes nen foi obxecto no seu momento da preceptiva participación pública que esixe a Lei 16/2010 de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia conta, desde a publicación do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, cun Catálogo de Paisaxes, consecuencia da aplicación da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de Galicia. O Catálogo das paisaxes de Galicia, ao amparo do disposto no artigo 9.3 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, identifica determinadas zonas xeográficas como áreas de especial interese paisaxístico, en atención aos valores naturais e culturais alí presentes.

O proxecto eólico Coto dás Airas emprázase directamente sobre a Serra do  Suído, un emprazamento de alto valor natural e paisaxístico. Atópase por iso clasificada como unha Área de Especial Interese Paisaxístico.

XUSTIFICACIÓN NORMATIVA

  • Convenio europeo da Paisaxe

O Convenio Europeo da Paisaxe compromete a tomar medidas xerais de recoñecemento das paisaxes; de definición e caracterización; de aplicación de políticas para a súa protección e xestión; de participación pública e de integración das paisaxes nas políticas de ordenación do territorio, así como nas políticas económicas, sociais, culturais e ambientais. Tamén sobre a sensibilización cidadá, a educación e a formación de expertos.

O Convenio Europeo da Paisaxe entrou en vigor o 1 de marzo de 2004. España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008). Está en vigor no noso país desde o 1º de marzo de 2008.

Artigo 1 – Definicións

Para os efectos do presente Convenio:

  1. por “paisaxe” entenderase calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos;

A paisaxe é unha PERCEPCIÓN SUBXECTIVA DA POBOACIÓN QUE INTERACTUA CON ELA. (Non é por tanto unha percepción de empresas alleas que co único fin de ánimo de lucro pretenden arrebatárllela a esa poboación).

O Convenio recoñece todas as formas das paisaxes europeas, naturais, rurais, urbanos e  periurbanos, e tanto as emblemáticas como as ORDINARIAS. Concerne aos compoñentes naturais, culturais e humanizados e ás súas interconexións. O Convenio considera que os valores naturais e culturais ligados á diversidade e calidade das paisaxes europeas supoñen un deber para os países europeos de traballar colectivamente na súa protección, planificación e xestión.

Que se entende por “Obxectivo de Calidade Paisaxística”?

  • por “obxectivo de calidade paisaxística” entenderase, para unha paisaxe específica, a formulación, por parte das autoridades públicas competentes, das aspiracións das poboacións no que atinxe ás características paisaxísticas da súa contorna;

De aquí dedúcese a lexitimidade da participación da cidadanía (enquisa entre a poboación afectada /consulta popular….etc). 

  • As avaliacións de impacto ambiental de calquer plan, proxecto…etc. teñen que recoller no Estudo da Paisaxe os obxectivos de calidade paisaxística, que se ben son formulados pola Xunta, teñen que  recoller as aspiracións das poboacións no que atinxe ás características paisaxísticas da súa contorna.

A norma refírese expresamente ás ASPIRACIÓNS DA POBOACIÓN!!!! Non da mercantil promotora dos proxectos eólicos, por exemplo.

Artigo 5 – Medidas xerais Cada Parte comprométese a:

a. recoñecer xuridicamente as paisaxes como elemento fundamental do medio humano, expresión da diversidade do seu patrimonio común cultural e natural e como fundamento da súa identidade;

b. definir e aplicar en materia de paisaxes políticas destinadas á protección, xestión e ordenación da paisaxe mediante a adopción das medidas específicas contempladas no artigo 6;

C. ESTABLECER PROCEDEMENTOS PARA A PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO, as autoridades locais e rexionais e outras partes interesadas na formulación e APLICACIÓN DAS POLÍTICAS en materia de paisaxe mencionadas na anterior letra b.


Artigo 6 – Medidas específicas

D Obxectivos de calidade paisaxística

Cada Parte comprométese a definir os obxectivos de calidade paisaxística para as paisaxes identificadas e cualificadas, previa consulta ao público, de conformidade co artigo 5.c.

CONCLUSIÓNS:

Como queira que o Plan Sectorial Eólico de Galicia aprobado no ano 2007 e modificado no ano 2002, non integra os obxectivos de calidade paisaxística (posto que non integra a normativa da Paisaxe, por ser posterior á data da súa aprobación), é preciso que cada proxecto eólico  a desarrollar, conte con un proceso específico de participación da cidadanía, que recolla as aspiracións desta con respecto ao proxecto a implantar e que axude ao órgano ambiental a formular os obxectivos de calidade paisaxística para a área afectada e cumprir deste xeito, coas obrigas derivadas do Convenio europeo da Paisaxe.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s