A asociación ambiental e cultural Petón do Lobo participa do movemento galego #AldeasConHorizonte que reclama a mudanza do planeamento eólico de Galiza co obxectivo, entre outros, de planificar a implantación da enerxía eólica para que a transición ecolóxica sexa ordenada e xusta.
Tal e como está concibida, a implantación masiva de parques eólicos en Galiza non está respondendo a un proceso ordenado e planificado de transición ecolóxica e carece de estratexia de cara a acadar a descarbonización da economía galega e reducir a dependencia de Galiza das enerxías fósiles. O actual proceso utiliza a transición ecolóxica como instrumento de «lavado verde» das espurias intencións das compañías eléctricas, que non son outras que engordar os seus beneficios e conquistar para o seu particular beneficio gran parte do noso territorio.
A falta dun plan eólico enmarcado na transición ecolóxica está a permitir ademais que as grandes industrias contaminantes de Galiza se reconvertan ao negocio eólico sen ter reparado previamente a súa débeda ecolóxica nin ofrecer alternativas ao impacto social xerado.
Podes consultar o manifesto completo en: https://rb.gy/2ji52e #AldeasConHorizonte #MoratoriaEolicos
