Galería

A Xunta omite o trámite de información pública e viola o Convenio de Aarhus para anular a oposición a unha macrogranxa de vacún, que afecta aos ríos Gundar e Grande, en Vimianzo e Laxe

  • Augas de Galicia omite a emisión do seu informe, a pesar de que a macrogranxa de vacún ubícase nunha zona inundable e afecta á zona de policía do río Gundar
  • Os puríns e os lixiviados dos silos afectarían á veciñanza do lugar do Aprazaduiro, en Laxe, que se abastece das augas do río Grande para consumo doméstico
  • O proxecto da macro granxa non foi sometido a exposición pública polo que se intentou anular, por parte da Xunta de Galicia, calquer oposición ou participación pública no trámite de alegacións
  • A explotación localízase na entorna de protección da mámoa da Milleira 4, no municipio de Vimianzo. Pese a isto, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tamén omitiu o seu informe no procedemento ambiental

No DOG Núm. 250, do 14 de decembro de 2020, publicouse o Anuncio  do 24 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de construción dunhas instalacións gandeiras para vacún de leite, no lugar de Señoráns, parroquia de Salto, no concello de Vimianzo (expediente 2020/0192).

O proxecto presentado consiste na implantación dunha explotación de gando vacún leiteiro coa construción dunha corte, un almacén, silos e soleiras de formigón no perímetro das instalacións, a explotación terá capacidade para 617 UGMs.

Indica o informe de impacto ambiental do proxecto no referido á hidroloxía que:

“Hidroloxía; O concello de Vimianzo se caracteriza pola presenza dunha densa rede de ríos e regatos.

Consultado o Visor IDE de Augas de Galicia, no entorno de ubicación da explotación gandeira se atopa o río Grande e o regato de Gundar.

Compre salientar que a parte oeste da parcela limita fisicamente co regato de Gundar, se ben as actuacións proxectadas se sitúan fora da zona de servidume e policía do antedito regato”.

No referido ao Patrimonio cultural indícase no citado informe:

“Patrimonio Cultural; a localización da explotación está afectada polo contorno de protección da Mámoa da Milleira 4”.

Tamén se sinala como órgano substantivo a Consellería do Medio rural da Xunta de Galicia.

Expresa o informe ambiental:

“En data de 30 de outubro de 2020 se reiteraron as solicitudes de informe á Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a Augas de Galicia, unha vez transcorrido o prazo de 10 días, segundo o previsto na Lei 21/2013, de 9 de decembro de avaliación ambiental, no seu artigo 46.3 non se recibiron as súas contestacións, polo que sen prexuízo da responsabilidade na que incorra o responsable da demora, e das reclamacións do promotor previstas no artgo 29.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administratva, consultase o visor SIAVA da Dirección Xeral e Calidade Ambiental, Sostbilidade e Cambio Climátco co fin de ter os elementos de xuízo para avaliar a afección do proxecto aos elementos competencia deses organismos.

En relación ás alegacións presentadas pódese indicar o seguinte:

1. As alegacións presentadas expoñen basicamente, a falta de transparencia na tramitación, o emprazamento do proxecto nas inmediacións do rego Gundar e do río Grande, o inicio das obras, a proximidade das instalacións ás casas, as verteduras de xurro ao terreo e a proximidade do proxecto a espazos protexidos….”.

Cómpre indicar ademais que o proxecto afecta a bens do patrimonio cultural.

Consonte o disposto no artgo 52 da dita Lei 21/2013, correspóndelle ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento do informe de impacto ambiental.

Unha macrogranxa no lugar de Señoráns, na parroquia de Salto (Vimianzo) ameaza a calidade das augas de consumo doméstico do núcleo urbano de Laxe, xa que a veciñanza do Aprazadoiro abastécese para uso doméstico da agua do río Grande

A veciñanza de Laxe e Vimianzo non ten constancia do proxecto industrial ao non existir información pública desde os concellos.

A fosa séptica ubicada a menos de 50 metros do río Gundar, afluente do río Grande, podería abranguer uns 10 millóns de metros cúbicos de puríns.

Os lixiviados de silos poderían acabar depositados nas terras e no propio cauce.

As remocións de terra por medios mecánicos, e sen control algún das Administracións competentes pese a seren advertidas da problemática ambiental, prexudicarían e afectarían ós mananciais existentes na área de actuación.

As obras xa se iniciaron con anterioridade á existencia do proxecto, tal e como xa denunciamos no seu día ante a Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia, non existindo resposta algunha desta ao respecto.

A opacidade da existencia deste macroproxecto foi total vulnerándose os dereitos das persoas administradas e das persoas directamente afectadas, como é a veciñanza dos núcleos de Señoráns e do Aprazadoiro directamente afectadas polo proxecto. Vulneración flagrante do Convenio de Aarhus.

Non existe constancia da publicación do proxecto en ningún Boletín Oficial. A ausencia de información e transparencia da tramitación administrativa invalida o procedemento de información ambiental e de calquera autorización administrativa e é causa de nulidade de pleno Dereito e infracción normativa dos artigos 47 e 48 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

Tampouco se publicou absolutamente ningunha información nos Taboleiros de Anuncios dos municipios de Vimianzo ou Laxe, onde hai poboación directamente afectada.

Polo tanto, cómpre publicar o proxecto no Diario Oficial de Galicia ou alomentos no BOP da Coruña para que se informen as persoas afectadas, dado que claramente se está a substraer da información pública este proxecto.

O Convenio de Aarhus foi asinado o 25 de xuño de 1998 na cidade danesa de  Aarhus e entrou en vigor o 30 de outubro de 2001. En xullo de 2012, fora asinado por 51 Estados de Europa e Asia Central (ademais de por a Unión Europea) e fora ratificado por 46 Estados (ademais da UE). España ratificou o Convenio o 15 de decembro de 2004 e dous anos despois, en 2006, aprobou a Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que aplica en España as disposicións do Convenio.

O Convenio de  Aarhus estrutúrase ao redor de tres piares que se corresponden con tres dereitos cidadáns: o acceso á información en materia de medio ambiente, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente.

Acceso á información

O acceso á información en materia ambiente é o primeiro dos dereitos regulados polo Convenio de  Aarhus e é un requisito previo para que poidan exercerse o resto de dereitos regulados por el. O tratado recolle o dereito de acceso á información tanto na súa vertente activa (art. 5) como na súa vertente pasiva (art. 4). A primeira implica a obrigación das Administracións Públicas de difundir a información ambiental que posúen e, en concreto, elaborar informes sobre a situación do medio ambiente en cada Estado polo menos cada catro anos. A vertente pasiva, en cambio, implica a obrigación de entregar aos cidadáns a información en materia de medio ambiente que soliciten, no prazo máximo dun mes.

Participación na toma de decisións

A participación do público na toma de decisións regúlase nos arts. 6 a 8 do Convenio.

O perigo dos xurros, puríns e lixiviados dos silos para os cauces e mananciais pola súa proximidade. Afección á auga de consumo dos núcleos urbanos e á saude humana e dos ecosistemas.

As verteduras de xurros poden contaminar o chan por exceso de nutrintes (nitróxeno, fósforo e potasio), á súa vez ás augas continentais polos seus nitratos, e a atmosfera polas súas emisións de amoníaco, metano e malos cheiros.

As obras da macro granxa industrial do lugar de Señoráns, na parroquia de Salto, que avanzan a bo ritmo están rodeadas de tal opacidade que sorprende á veciñanza tanto de Laxe como de Vimianzo, afectadas por esta.

A máxima preocupación veciñal céntrase na posible contaminación por nitratos dos chans e dos cauces fluviais. Tamén preocupa a falla de transparencia e a opacidade que rodea ao proxecto tanto desde o propio concello de Laxe como de Vimianzo.

As granxas intensivas empregan sistemas de limpeza nos que se utiliza a auga a presión para o arrastre das dexeccións. Este sistema, que nun primeiro momento facilita considerablemente o manexo dos excrementos e achega melloras nas condicións hixiénicas e sanitarias das granxas, ten, pola contra, a enorme desvantaxe do gran incremento do consumo de auga e da complicación do manexo do xurro. O xurro é o esterco licuado, pastoso ou semilíquido, con forte cheiro amoniacal, resultado da mestura das defecaciones, augas de lavado e restos de pensos. A excesiva achega de esterco provoca que os nitratos, váianse filtrando e terminen contaminando acuíferos e augas superficiais.

Estas macro granxas de vacún sin control expoñen aos lindeiros aos efectos perniciosos dos xurros, que vai desde os malos cheiros e irritacións producidas pola urea ata a exposición ás nitrosa minas (potencialmente canceríxenas), pasando pola exposición a axentes patógenos como Salmonella, Brúcela, Mycobacteriumtuberculosos, Leptospira, Yeersinia, Campylobacter, Erysipelothris, Listeia e Treponema entre outros.

Incidencia para a Saúde Pública. Ausencia de informes por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A OMS advirte do perigo de consumir auga que conteña máis de 25 miligramos de nitratos por litro. A Unión Europea non permite o consumo daquelas augas cuxa concentración de nitratos supere os 50 μ g/ l, un nivel que se supera con fartura en moitos acuíferos españois e acaba afectando seriamente á saúde da poboación próxima.

As augas afectadas por exceso de nitratos deixan de ser potables, xa que os nitratos poden pasar a formar nitrocompuestos (NON2X) e grandes cantidades de refugallos de ácidos, que acaban contaminando os chans e a auga de consumo, converténdose nun grave problema de saúde pública que deriva en enfermidades concorrentes nos núcleos urbanos abastecidos por estas augas.

Hai que ter en conta que este macroproxecto de granxa de vacún queda moi preto das casas e dos núcleos e moi preto dos cauces e a unha serie de mananciais ubicados na área de actuación.

Afección aos ecosistemas e aos recursos hídricos. Ausencia de informes de Augas de Galicia.

Na contorna de localización da explotación gandeira atópase codificado como masa de auga o RIO GRANDE (cod masa É.014. NR.163.000.02.00) e dentro da capa Rede fluvial o REGO DE GUNDAR (cod río ph 163012). A parte oeste da parcela 408 do polígono 9 limita fisicamente co Regacho de Gundar, o que sitúa parte da parcela dentro das zonas de servidume e dos 100 m da zona de policía. Sen embargo, non figura no expediente do informe ambiental referencia algunha ao informe de Augas de Galicia.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s