Galería

O proxecto eólico Sancosmeiro, outra barbarie enriba do nacemento de ríos e con afección severa a hábitats prioritarios e especies vulnerables

O proxecto eólico Sancosmeiro da mercantil Green Capital Power proxéctase nos termos municipais de Mazaricos e Outes, na provincia da Coruña. O proxecto afecta ao nacemento de diversos cauces e mananciais, a humidais e brañas e ao escribano palustre.

Características:

Número de aeroxeradores 8

Potencia nominal unitaria (MW) 4,5

Potencia total instalada (MW) 36

Altura da  buxa (m) 127,5

Diámetro do  rotor (m) 145

Produción media neta ou vertida a rede (GWh/ano) 133,6

Horas netas equivalentes a potencia nominal 3.711  h

Afección grave e impacto significativo sobre a hidroloxía da zona

O proxecto esténdese entre os sistemas de explotación nº 6 Río Tambre e Ría de Muros e Noia e nº 7 Río Xallas, Costa da Coruña e Ría de Corcubión, pertencentes á Demarcación  Hidrográfica Galicia-Costa.

Son varios os cursos fluviais que discorren polo ámbito de afección, tal e como se mostra na seguinte imaxe, e son os seguintes: Rego  Ba  do Outeiro, Rego de Carballosa, Río de Mazaricos, Rego de  Cova de  Muino Lanuxe, Rego de Corrado, Rego  Bao de  Sendon, Río  Guendil, Rego de  Lexoa, Río Couto, Rego Ba de Casa.

O río Xallas nace da confluencia de pequenos ríos nos Montes  do Castelo situados no municipio de Santa Comba. A súa conca ten unha superficie de 504 km2, e atravesa o Monte  do Pindo desembocando nunha fervenza á ría de Ézaro.

O río Tambre nace da unión de pequenos arroios na serra de  Bocelo. Compón unha das concas fluviais que máis auga mobiliza,  drenando un total de 1.530 km2, e desemboca á Ría de Muros e Noia.

Afección grave e impacto significativo sobre os Hábitats prioritarios e de interés comunitario

Segundo a información consultada da base de datos do Ministerio de Medio Ambiente, a través da Subdirección de Conservación da Biodiversidade, e mediante o “Atlas e Manual de Interpretación dos Hábitat Españois” (última modificación Marzo 2012), na zona de estudo do proxecto atoparíanse os seguintes hábitats catalogados como de interese comunitario e natural prioritario:

3110 – Augas  oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas  areosas (Littorelletalia  uniflorae)

3150 – Lagos  eutróficos naturais con vexetación  Magnopotamion ou  Hydrocharition

4020* –  Brezais húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica  ciliares e Erica  tetralix

4030 –  Brezais secos europeos

4090 –  Brezais  oromediterráneos  endémicos con  aliaga

91E0* – Bosques  aluviais de  Alnus  glutinosa e  Fraxinus  excelsior ( Alno- Padion,  Alnion  incanae,  Salicion  albae

9230 –  Robledais galaico-portugueses con  Quercus  robur e  Quercus  petraea.

3260 – Ríos, de pisos de planicie a  montano con vexetación de  Ranunculion  fluitantis e de  Callitricho- Batrachion.

Afección severa á fauna protexida

Dentro da fauna que potencialmente podería haber nesta zona e seguindo os criterios da  IUCN, aplicados á fauna local, atopamos:

–           Oito especies dentro da categoría “Vulnerable” repartidas do seguinte modo: 3 peces ( Anguilla  anguilla,  Petromyzon  marinus e  Salmo  trutta), 3 anfibios ( Chioglossa  lusitánica, Ra ibérica e Píntega píntega), 2 aves ( Circus  pygargus e  Streptopelia  turtur) e 1 mamífero ( Oryctolagus  cuniculus).

–           Cinco especies dentro da categoría “Case ameazada”: 1  invertebrado ( Phengaris  alcon), 1 réptil ( Lacerta  schreiberi), 2 mamíferos ( Canis  lupus e  Mustela  putorius), e 2 aves ( Falco  subbuteo e  Milvus  migrans).

Sen embargo, estes impactos severos e significativos sobre hábitats protexidos e fauna vulnerable irán desaparecendo ao longo da tramitación administrativa. Como no resto dos proxectos eólicos de Galicia, as empresas rematan xustificando que os hábitats xa están degradados ou non existen na zona. En canto á fauna dirán que tras un riguroso seguimento non se observou ningún exemplar. E a Xunta de Galicia ficará complacida. E así nos vai. Cada vez existe máis fragmentación de hábitats e máis perda de biodiversidade. Todo a favor do lobby eólico.

2 comentarios sobre “O proxecto eólico Sancosmeiro, outra barbarie enriba do nacemento de ríos e con afección severa a hábitats prioritarios e especies vulnerables

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s