Análise do Documento ambiental inicial do proxecto eólico Torroña I
O proxecto eólico Torroña I sitúase nos municipios de Oia, Baiona e Tomiño na provincia de Pontevedra. A mercantil promotora é Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U. O acceso ao proxecto Torroña I, exponse de maneira provisional, á espera dun estudo oficial da empresa de transportes, a estrada asfaltada provincial EP-2202 (Baiona –Loureza (Pontevedra)) pertencente á Deputación de Pontevedra.
O parque eólico localízase na cuadrícula UTM de 10 x 10 km 29 TNG.
Para a elección da localización dos aeroxeradores a mercantil promotora indica que tivo en conta a orografía e o recurso eólico esperado no emprazamento, calculado mediante a modelización dos campos de vento.
O proxecto prevé instalar 4 aeroxeradores de Nordex (N163) de 5,7 MW, o que supón unha potencia de instalación total de 22,8 MW. Os aeroxeradores agruparíanse en dous circuítos, cada un á tensión de 30 kV. Os circuítos chegarían á subestación do Parque eólico Albariño I, denominada Barrantes localizada no municipio de Tomiño na provincia de Pontevedra, obxecto doutro expediente, onde se elevará a tensión ata 132 kV. Finalmente, o Parque Eólico Torroña I conectaríase á rede de distribución de Unión Fenosa Distribución mediante a Subestación Barrantes que á súa vez se conectará á liña xa existente “Gondomar – O Rosal 132 kV”.

Afección a hábitats de interese comunitario
A falla de cartografía de maior precisión a mercantil promotora indica que prevé a ocupación de hábitats de interese comunitario non prioritarios. Os hábitats identificados na contorna do proxecto serían fundamentalmente:
O hábitat 4020 correspóndese con brezais húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix, estas especies desenvólvense sobre chans húmidos ou con tendencia turbosa.
O hábitat 4030 corresponde con brezais secos europeos. Este hábitat está formado por brezais xaral- brezal e brezal- toxal, desenvoltos sobre chans acedos, nos que dominan as especies de Erica, Calluna, Ulex, Cistus ou Stauracanthus.
O proxecto sitúase nunha zona incluída na “área de distribución potencial” definida no Plan de Recuperación de Emberiza schoeniclus, regulado polo Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia.

A mercantil promotora indica que as especies presentes no ámbito do parque eólico teñen unha distribución máis ou menos ampla en Galicia. Habería que destacar, segundo a empresa, a posible presenza de ra patilarga (Ra ibérica), o sapo de espuelas (Pelobates cultripes), ou o eslizón ibérico (Chalcides bedriagai) ou píntega rabilarga (Chioglossa lusitanica) todas elas especies catalogadas coa categoría “vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA). A píntega rabilarga tamén está catalogada como “vulnerable” no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas (CNEA).
Impacto visual severo sobre a Serra dá Groba
A mercantil promotora indica que valorará o impacto visual do proxecto, especialmente en Serra dá Groba, xa que parte das infraestruturas localízanse nesta área e Corrubedo por localizarse dentro da poligonal do parque eólico. A un 3,5 km da poligonal do parque eólico localízase o Espazo mariño das Rías Baixas de Galicia declarado como zona ZEPA (ES0000499) pola Orde AAA/1260/2014, do 9 de xullo, pola que se declaran Zonas de Especial Protección para as Aves en augas mariñas españolas e como área importante para as Aves segundo a SEO, a uns 4 km da poligonal do parque eólico.

Humidais na área do parque eólico
Na área do parque eólico localízanse os seguintes humidais:
1140030 Cruz de Pau Turbeiras Altas
1140028 Torroña Turbeiras Altas Complexo húmido do esteiro do Miño
1140217 Rego de Mougás Turbeiras Altas
1140216 A Cruz de Pau Pantanos con vexetación arbustiva
1140218 Torroña Turbeiras

Fragmentación en partes dun único proxecto éolico. Fraude, abuso e desviación de poder
A Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e créanse o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental establece no seu artigo 2 unha serie de definicións. Entre elas está a da poligonal dun parque eólico.
“Artigo 2. Definicións. Para os efectos de interpretación da presente lei teranse en conta as seguintes definicións:
(…) 6. Poligonal de delimitación dun parque eólico: área efectivamente afectada pola instalación dun parque eólico determinada no seu proxecto de execución”.
No presente caso do proxecto eólico Torroña I é evidente que a poligonal do parque ten unha superficie desproporcional e non toda ela está afectada pola instalación das infraestruturas que proxecta a mercantil promotora no documento inicial. Parece evidente que a intención da promotora, e o nome do proxecto así o fai supoñer, que puidera ser a ocupación nun futuro con máis infraestruturas eólicas e abrir a porta a Torroña II, Torroña III….etc.
