Antiga estrutura castelaria afectada polo aeroxenerador R-10
A área na cal se proxecta a instalación do proxecto eólico Rebordechao afecta os termos municipais de Laza, Maceda e Vilar do Barrio, pertencentes á provincia de Ourense (Galicia). O proxecto Rebordechao estará constituído por 28 aeroxeradores, conectados entre si e coa subestación transformadora 30/220 kV situada no propio parque (municipio de Vilar de Barrio), a través da cal se evacuará a enerxía producida mediante unha liña aérea de 220 kV que se conectará coa Subestación PE Sil 220 kV, esta LAAT atravesa os municipios de Maceda, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín. O acceso xeral ao Parque Eólico realizaríase a través da infraestrutura viaria existente na zona. En concreto, o acceso partirá da autovía A-52, e a continuación pola estrada nacional N-525 desde o p. k. 177+300 ata a poboación de Verín ( p. k. 169), onde se tomará unha estrada local e a continuación a estrada provincial OU-113, ata o p. k. 20+500, onde o roteiro continúa por unha pista local que conduce ao emprazamento dos aeroxeradores R-24 e R-25. As actuacións necesarias para permitir o acceso ao parque atópanse nos municipios de Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Verín e Monterrei.
Como afecta este proxecto eólico á Paisaxe?
Emprazamento da torre meteorolóxica próxima ao aeroxerador R-08
(Datos e imaxes obtidas do DOCUMENTO INICIAL PROXECTO DO PARQUE EÓLICO REBORCECHAO Termos Municipais de Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Maceda, Vilar do Barrio, Laza, Castrelo do Val, Verín, Monterrei e Cualedro (Ourense)).
https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navSabiaDestacados
Ademais de todos os impactos posibles sobre a paisaxe máis fermosa e singular do Macizo central ourensá, este proxecto prevé implantarse sobre hábitats prioritarios e de interés comunitario. Ao anterior hai que engadir a afección á zonas inundables e por proximidade á ZEC e ZPVN Macizo Central (COD. ES1130002), á ZEPVN Río Támega e á ZEPVN Bidueiral de Montederramo.