Galería

Ecoloxistas esixen a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia carece dos estudos científicos que avalen o exercicio da actividade cinexética como tal. Ademais de non existir censos actuais das especies cinexéticas non se realizan os estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético.

Por outra banda, tampouco se avalían as repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

En Galicia, a caza, lonxe de ser unha actividade que contribúa ao equilibrio natural, é o factor que xera moitos dos problemas que logo, o sector cinexético, ofrécese a solucionar, sen éxito en ningún caso. Non se está a avaliar desde a Xunta de Galicia o profundo e negativo impacto que a mesma crea no equilibrio natural, a biodiversidade, o benestar animal e o desenvolvemento rural.

A caza actual contribúe á perda de biodiversidade de especies a un ritmo moi importante. A perda da biodiversidade, fai dano á saude do propio ser humano.

A Xunta de Galicia nin sequera determina o nivel poboacional de cada especie ou ben carece de datos ou os datos dos que dispón non son actuáis e están desfasados. Así nas Resolucións anuais polas que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para cada tempada nunca se referencian os estudos científicos obxectivos que permitan avaliar o sistema de censo, seguimento e estudo de tendencias das especies cinexéticas, o que é unha irresponsabilidade moi grave por parte do órgano con competencias sobre da protección da naturaleza.

Repoboación e solta de especies cinexéticas sen avaliación dos impactos ambientais

As soltas de exemplares de especies cinexéticas tan só exixen a autorización previa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza, ao abeiro do establecido no artigo 53 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Na solicitude de autorización deberán constar as especies, o número, a procedencia e a referencia ao estado sanitario dos exemplares que se propón adquirir, así como unha declaración da persoa interesada da adecuación da solicitude ás previsións do plan anual de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os animais. Sen embargo, este plan anual de aproveitamento cinexético carece de avaliación de impacto ambiental, o que evidencia o descontrol absoluto sobre dos impactos destas soltas sobre o medio natural.

Caza sementada de especies ao abeiro de Plans de ordenación cinexética dos Tecor sin avaliación ambiental e sin participación pública

Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente tecor autorízase a caza sementada de paspallás, perdiz, coello bravo, faisán, lavanco real e pomba brava sin control ambiental dos impactos significativos que a sementeira destes especies poden producir sobre dos ecosistemas.

A caza con especies de granxa sementadas resultan idóneas para o “lavado verde” dos  danos á natureza que causa o lobby cinexético

A caza de granxa conséguese con soltas inmediatas. Abater estas pezas é alcanzable e satisfai ao cazador que apenas conseguiría obxectivo algún coas especies silvestres. Sen embargo, as especies de granxa poden transmitir enfermidades e parásitos á fauna salvaxe e estes impactos non están avaliados, tal e como ocorre coas perdices ou o xabaril.

O xabaril non é un elemento perturbador dos ecosistemas

Nas distintas resolucións anuais polas que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para cada tempada, a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén María do Campo Piñeiro, obcécase por amosar e perpetuar de xeito reiterado unha imaxe funesta do xabaril, xa que logo ano tras ano incide na especie como elemento perturbador importante dos ecosistemas. E realiza tal información sen base científica algunha o sen apoiarse en estudos obxectivos que confirmen tal aseveración.

Servizos  ecosistémicos do xabaril

Os xabarís desempeñan unha importante labor nos ecosistemas. Os ungulados silvestres teñen unha boa capacidade escavadora, removen e osixenan a terra. Esta “labra” do terreo favorece a absorción de nutrientes por parte de determinadas plantas, como as árbores leñosas. Favorecen a dispersión de esporas e desenterran pequenos invertebrados que despois serven de alimento aos paxaros.

Os xabarís tamén desempeñan unha importante labor carroñeira que devolve enerxía aos ecosistemas e evita as  infeccións que poderían producirse a través dos animais mortos.

Os xabarís están a ser vítimas, ao abrigo nos últimos anos, dunha campaña criminalizadora que os culpa de todos os males habidos e por haber. A superpoboación que existe destes animais, como consecuencia da súa cría masiva por parte dos propios cazadores e do seu cruzamento con outras especies, como os porcos vietnamitas, converteunos en máis dóciles e non é estraño atoparlos merodeando preto de núcleos urbanos, en busca de comida.

Podendo controlar a poboación de jabarís a través dun método ético e científico, vale a pena organizar batidas para matalos a tiros?

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s