Galería

Ecoloxistas preguntan á Consellería de Industria e á Asociación Eólica de Galicia os motivos polos que os eólicos do monte Carrio e os do monte do Couto de San Sebastián, están parados e con todas as máquinas freadas, a pesar da especial aptitude eólica destas áreas

Nunha semana na que o prezo da luz dispárase para as economías familiares e as empresas galegas, os parques eólicos do monte Carrio, alomenos das compañías Gamesa e Ibedrola, leven sen funcionar varios días desta semana. O mesmo ocurre cos eólicos do monte do Couto de San Sebastián, entre Silleda e A Estrada. Os parques eólicos do Monte Carrio, entre Vila de Cruces e Lalín, suman alomenos 30 máquinas. Os eólicos do Couto de San Sebastián, entre Silleda e A Estrada, non chegan aos 10.

A cidadanía debe coñecer se é unha parada programada das compañías e cales son os motivos polos que se realiza e se hai convenio ou concerto entre as empresas mercantís dos parques afectados para que isto ocurra. Por iso, piden explicacións ao Conselleiro de Industria, Francisco Conde e instan a apertura dunha investigación neste sentido.

Puidera darse o caso de que instalacións renovables con recurso dispoñible, gratuito e non contaminante como é o vento, non estén funcionando e isto xere un incremento do prezo da electricidade ás familias galegas, o que demostraría  unha vez máis que o negocio enerxético está por diante da sustentabilidade e que as empresas enerxéticas carecen da responsabilidade social corporativa da que fixeron tanta publicidade durante a campaña de Nadal.

As empresas enerxéticas deben ser conscientes que o vento e a paisaxe son recursos gratuitos de toda a cidadanía galega, e que os están a usucapir de xeito especial no seu propio beneficio, e as paradas programadas dos parques eólicos con fins lucrativos, deberan sancionarse duramente.

Por último piden á Xunta de Galicia a retirada da calificación de utilidade pública daqueles parques eólicos que non cumpran coas regras da libre competencia e programan paradas eólicas que alteren a alza os prezos da luz para as familias galegas.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s