Entidades ecoloxistas galegas solicitan á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).
A aplicación da Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza.
A Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.
Por outro lado, o Anexo V da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna silvestre establece as especies animais e vexetais de interés comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión, sempre e cando sexan compatibles co mantemento de tales especies nun estado de conservación favorable.
Polo tanto, os danos poden producirse na medida en que se permita a caza de especies sin contar con información relativa ao nivel de poboación, distribución xeográfica e tasa de reproducción das distintas especies silvestre e ao grao de incidencia da actividade cinexética na conservación das mesmas.
Estos danos, de producirse, han de calificarse como irreparables ou de difícil reparación, posto que os exemplares cazados non son recuperables.
Cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada ou ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie.
A declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.
Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.
A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas.
As escopetas pesan máis que os criterios científicos