Galería

Ecoloxistas piden á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a retirada do Decreto que aproba as Directrices da paisaxe de Galicia

  • O Decreto que regula as Directrices de paisaxe de Galicia promove a calidade paisaxística das plantacións forestais comerciais e obvia as aportacións realizadas pola cidadanía durante o periodo de participación pública
  • As entidades ecoloxistas lémbranlle á Conselleira que os obxectivos de calidade paisaxística teñen que recoller, segundo o Convenio europeo da Paisaxe, as aspiracións da cidadanía e non as das grandes corporacións

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou no DOG de hoxe o  Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia.

A norma contribuirá a degradar, aínda máis, os espazos naturais e a fragmentar o territorio coa conseguinte perda de biodiversidade e valores.

A norma semella pensada para que as compañías eólicas, mineiras e espoliadoras de recursos naturais poidan implantar os seus proxectos especultivos en calquer lugar do territorio, porque cando o fagan, xa todo o espazo estará tan fragmentado e degradado polas distintas infraestruturas que xa non haberá nada que protexer.

O Decreto encerra xoias como estas en relación aos obxectivos de calidade paisaxística que indica acadar:

“6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade”.

 “AEAP.7: Unhas plantacións forestais reguladas e planificadas con instrumentos de ordenación e xestión que minimicen a incidencia das especies alóctonas, en especial nas AEIP”.

O Decreto apoia, promove e favorece as plantacións forestais comerciais en todo o territorio galego, e incluso nas Áreas de Especial Interés Paisaxístico, no canto de defender a implantación e preservación do bosque autóctono. De todas son coñecidos os fortes impactos que as plantacións comerciais teñen sobre os recursos hídricos, os aspectos físicos e químicos dos solos e a vexetación nativa. As plantacións comerciais están moi lonxe de ser moderadoras ideais das paisaxes. Sen embargo o Decreto menciona constantemente a estas no tocante aos obxectivos de calidade paisaxística, o que ben a ser como mesturar a auga co aceite.

O impacto negativo de plantacións comerciais sobre a  hidroloxía é realmente o máis preocupante, pero tamen o efecto sobre a fertilidade do chan e sobre a diversidade. É obvio que non se poden xustificar as plantacións forestais comerciais como medidas ecolóxicas nin atribuirlle obxectivos de calidade paisaxística como fai o Decreto.

Asimesmo o Decreto apoia a existencia nas Áreas de Especial Atención Paisaxística (AEAP) de plantacións forestais e a presenza de especies alóctonas como os eucaliptos, no canto de prever a súa substitución polo bosque autóctono.

Ao mesmo tempo defende coa boca ancha a calidade paisaxística destes espazos e incluso fala de Áreas de Especial Atención Paisaxística libres de impactos ambientais  (incendios forestais, contaminacións e deterioración dos cursos fluviais, rías e zonas húmidas, vertedoiros incontrolados, etc.) que a deterioren e supoñan unha perda ou diminución dos valores paisaxísticos propios do lugar, ao mesmo tempo que fala de plantacións forestais comerciais nas serras que contribúan a súa riqueza paisaxística.

“6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística”.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s