Galería

Entidades bergantiñás esixen á Consellería de Economía, Empresa e Innovación que retire o proxecto eólico Bustelo e Baralláns pola súa incompatibilidade coas Directrices da Paisaxe de Galicia

O Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia, publicado hoxe no DOG, blinda os valores paisaxísticos da Área de especial interés paisaxístico do val fluvial do Lourido (AEIP val fluvial do Lourido) e resulta incompatible co proxecto eólico que promove a mercantil EDP Renovables nos municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña).

O proxecto eólico prevé a instalación de 6 aeroxeneradores con unha potencia total instalada de 36 MW.  Os eólicos afectan á Costa de Monelo, Paradela, Monte do Covelo, Monte Longo, Agra de Bustelo, Picho de Fontes e Alto de Torreiro. Non obstante, as máquinas quedan a menos de 600 metros dos núcleos de Lestón, Bustelo, A Mata e Gulúa, afectando directamente ás familias que viven nestes núcleos xa que a altura da buxe acada os 122,5 metros.

Un dos aeroxeneradores do proxecto (o chamado BAR-01) limita coa AEIP Val fluvial do Lourido ao igual que o centro de seccionamento (SET) do parque e as gabias de cabreado afectan na fonte Cardeira, lugar de nacemento do río Lourido.  Por outra banda, o aeroxenerador chamado BAR -02 incide directamente sobre o rego Batán, o curso de auga máis importante do val fluvial e principal afluente do río Lourido e do río Anllóns.

Así o anterior Decreto en consoancia co Convenio europeo da Paisaxe, a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia e o Catálogo das paisaxes de Galicia aprobado polo Decreto 119/2016, do 28 de xullo determinan a protección dos  valores estéticos ou panorámicos protexidos mediante o mantemento das condicións perceptivas vinculadas aos fondos escénicos, á amplitude de vistas e á matriz compositiva propia da paisaxe autóctona.

Así as Directrices da Paisaxe indican que nas AEIP procuraranse unhas áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) en que se preserven os diversos elementos que as conforman e en que se manteña a relación harmónica entre os valores naturais, culturais, patrimoniais, estéticos ou panorámicos que lle deron orixe.

Así o sinalan a asociación ambiental Petón do Lobo, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a asociación galega Cova Crea e a asociación O Ouriol do Anllóns, que instan á protección dos valores paisaxísticos e naturais do Val fluvial do Lourido, do rego Batán, afluente do Lourido e que aporta valor engadido ao val fluvial, polo que debe ser valorado conxuntamente con este. Do mesmo a Xunta de Galicia tampouco debe ignorar a fragmentación do territorio e a perda de biodiversidade que este proxecto implica,  xunto co parque eólico de Sivarredonda, localizado no monte Perrol e a autovía AG-55.

Fragmentación fraudulenta de proxectos eólicos

O proxecto eólico Bustelo e Baralláns representa a continuidade do proxecto eólico Agrelo –Muriño que a mesma empresa, EDP Renovables, promove tamén con outros seis arexoneradores e a mesma potencia no Alto do Covelo, Pena da Santa, monte de Cabana, Castelo de Muriño e Castelo Pequeno.

De feito a liña de evacuación é compartida por ambos parques e realizarase a través dunha liña aérea que conectará a infraestrutura ata a subestación de Meirama, e que será obxecto doutro proxecto independente, polo que se substraen os seus impactos da avaliación ambiental global, conxunta e sumativa que debera abarcar á totalidade das infraestruturas para unha mellor integración ambiental e paisaxística.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s