Galería

A rula común, a un paso da extinción

No día de hoxe, unha votación sen precedentes, decidía sobre o grao de protección do lobo e da rula común. Mentras o lobo saía ben parado, non así a rula. A Comisión estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade decidiu sobre a catalogación destas especies para reforzar a súa protección e evitar a súa xestión como especies cinexéticas.

Nunha rifada votación na Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, na que participan comunidades autónomas e o Ministerio para a Transición Ecolóxica, acordouse incluír ao cánido na Listaxe de Especies Silvestres (LESPRE), o que implica que a especie deixará de ser cinexética en toda España. É obrigatorio, pero non vinculante, que a comisión aprobe a iniciativa. Agora é o Ministerio o que debe continuar a tramitación. Sen embargo, a rula común non tivo tanta sorte.

A  rula común (Streptopelia  turtur) é unha especie migratoria que chega a Galicia entre marzo-abril, sendo o período anterior ao verán o que rexistra un maior número de exemplares e cando se reproduce na península Ibérica.

Nos últimos decenios a rula común experimentou un acusado declive, tanto no número exemplares reprodutores como nos que nos visitan en paso. Esta situación débese principalmente á degradación do hábitat de cría e invernada pero á que tamén contribúe a mortaldade non natural ao ser especie cinexética.

A  rula común está protexida de maneira xenérica como todas as aves europeas, baixo a Directiva de Aves. No Anexo II- B da citada Directiva está incluída como unha das especies cuxo aproveitamento cinexético é legal.

En función do estado da poboación de cada país membro, permítese que cada un declare á especie como cinexética ou non, para un determinado territorio e avaliando ano a ano esta posibilidade, mediante as denominadas ordes de vedas. No contexto español, actualmente só a comunidade autónoma de Canarias decidiu establecer unha moratoria temporal á caza das rulas no seu territorio, polo alarmante declive que sofre nas illas. O problema de Galicia radica en que non existen estudos obxectivos e científicos que permitan determinar o estado da especie, polo que se descoñece se a xestión cinexética da especie é a adecuada ou non.

Por outra banda, a Directiva de Aves tamén establece que os estados membros velarán para que a caza destas especies non comprometa os esforzos de conservación realizados na súa área de distribución. Isto é moi importante porque dos 27 estados da UE só en 10 é unha especie  cazable, mentres que en 18 está protexida ou non se pode cazar.

A protección establecida na Directiva de Aves

DIRECTIVA 2009/147/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 30 de novembro de 2009 relativa á conservación das aves silvestres

A conservación ten por obxectivo a protección a longo prazo e a administración dos recursos naturais como parte integrante do patrimonio dos pobos europeos. Permite a regulación dos devanditos recursos e da súa explotación sobre a base das medidas necesarias para a conservación e a adaptación do equilibrio natural das especies dentro dos límites razoablemente posibles.

A preservación, o mantemento ou o restablecemento dunha diversidade e dunha superficie suficiente de hábitats son indispensables para a conservación de todas as especies de aves. Determinadas especies de aves deben ser obxecto de medidas de conservación especiais con respecto ao seu hábitat co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución dentro da súa área de distribución. Ditas medidas deben, así mesmo, ter en conta as especies migratorias e estar coordinadas con miras ao establecemento dunha rede coherente.

Artigo 1 1. A presente Directiva refírese á conservación de todas as especies de aves que viven normalmente en estado salvaxe no territorio europeo dos Estados membros nos que é aplicable o Tratado. Terá como obxectivo a protección, a administración e a regulación das devanditas especies e da súa explotación.

2. A presente Directiva aplicarase ás aves, así como aos seus ovos, niños e hábitats.

Artigo 2: Os Estados membros tomarán todas as medidas necesarias para manter ou adaptar as poboacións de todas as especies de aves contempladas no artigo 1 nun nivel que corresponda en particular ás esixencias ecolóxicas, científicas e culturais, tendo en conta das esixencias económicas e recreativas.

Artigo 3 1. Tendo en cuenta as esixencias mencionadas no artigo 2, os Estados membros tomarán todas as medidas necesarias para preservar, manter ou restablecer unha diversidade e unha superficie suficiente de hábitats para todas as especies de aves contempladas no artigo 1. 2.

A preservación, o mantemento e o restablecemento dos biótopos e dos hábitats impoñerán en primeiro lugar as medidas seguintes:

a) creación de zonas de protección;

b) mantemento e ordenación de acordo cos imperativos ecolóxicos dos hábitats que se atopen no interior e no exterior das zonas de protección;

c) restablecemento dos biótopos destruídos;

d) desenvolvemento de novos biótopos.

Artigo 7 1. Debido ao seu nivel de poboación, á súa distribución xeográfica e ao seu índice de reproductividad no conxunto da Comunidade, as especies enumeradas no anexo II poderán ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional.

Os Estados membros velarán por que a caza destas especies non comprometa os esforzos de conservación realizados na súa área de distribución.

2. As especies enumeradas na parte A de o anexo II poderán cazarse dentro da zona xeográfica marítima e terrestre de aplicación da presente Directiva.

3. As especies enumeradas na parte B do anexo II poderán cazarse soamente nos Estados membros respecto a os que llas menciona.

A escala internacional tamén foi incluída no Anexo II do Convenio  Bonn para a conservación das especies migratorias. Ademais, é unha especie incluída no Libro Vermello das Aves de España, coa categoría de Vulnerable, debido a que o seu acusado declive poboacional aumenta a súa probabilidade de extinción nos próximos 100 anos.

En vista do retroceso da especie nas últimas décadas, a Comisión Europea elaborou en 2007 un plan de manexo para establecer cales eran as causas do declive e poñer en marcha medidas para frealo. Entre as ameazas consideradas como críticas (é dicir, que causan ou poderían causar un rápido declive poboacional de máis do 30% en 10 anos), destaca a perda ou modificación dos hábitats en áreas de cría nos países da Unión Europea.

A  Unidade de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado remitiu unha circular a todas as comunidades na que reclamaba unha moratoria na caza da  rula común.

A Xunta de Galicia está  ao bordo  do precipicio  xudicial por mor de continuar a permitir a caza ilegal dá especie e ou deterioración  do  seu hábitat. A xestión cinexética da especie só se pode permitir no caso de que os estudos científicos así o consideren conveniente.

A precaria situación da rula alerta do problema xeneralizado de perda de biodiversidade e do continuado declive das especies asociadas aos medios agrarios e agroforestais.

En Galicia a Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21, permite a caza da rula común (Streptopelia turtur), nos tecores da antiga lagoa de Antela e autoriza a súa caza xunto co paspallás.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia debera prohibir a caza da rula en toda Galicia con carácter indefinido e iniciar o proceso para incluír esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de vulnerable e implantar medidas eficaces de conservación. Aparte dos beneficios para a biodiversidade, estas medidas axudarán a evitar as severas sancións económicas que levará aparellado o procedemento infractor iniciado pola Comisión Europea.

Concellos da provincia de Ourense que abranguen a antiga lagoa de Antela e nos que se permite a caza da rula:

– Rairiz de Veiga.

– Vilar de Santos.

– Sandiás.

– Vilar de Barrio.

– Sarreaus.

– Xinzo de Limia.

– Trasmiras.

– Porqueira.

– Xunqueira de Ambía.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s