Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Solicitamos á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que:
1.- someta a consulta pública o borrador da resolución anual pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2021/2022, ao abeiro do Convenio de Aarhus que recolle o dereito da cidadanía de participar na adopción de decisións relativas ao medio ambiente.
2.- a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).
3.- a elaboración dos estudos científicos e informes técnicos pertinentes que permitan determinar que especies son cazables e cales non, e que estes sexan tidos en conta na elaboración da vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022.

4.- a actual Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza, polo que esta práctica “espúrea” debe rematar.
5.- A realización de censos actualizados das especies cinexéticas e a súa publicación no DOG.
6.- A realización dos estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético. A publicación destes no DOG ou alomenos no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia.
7.- A avaliación das repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e sen consulta pública, a pesar de afectar ao medio ambiente e vulnerando por tanto o artigo 45 da Constitución española e o Convenio de Aarhus.
8.- Prohibir a caza da rula en toda Galicia con carácter indefinido e iniciar o proceso para incluír esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de vulnerable e implantar medidas eficaces de conservación, EXCLUINDO A ESPECIE na vindeira resolución de caza para a tempada 2021/2022.
A rula común está protexida de maneira xenérica como todas as aves europeas, baixo a Directiva de Aves. No Anexo II- B da citada Directiva está incluída como unha das especies cuxo aproveitamento cinexético é legal. Non obstante, a pesar de ser cinexética, existe a obriga de tomar todas as medidas necesarias para preservar, manter ou restablecer unha diversidade e unha superficie suficiente de hábitats para esta especie e mantela nun estado de conservación favorable. A ausencia de censos actualizados da especie e de estudos científicos que avalen a súa calificación como cinexética é unha deficiencia severa que debe ser corrixida.
En Galicia a Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21, permite a caza da rula común (Streptopelia turtur), nos tecores da antiga lagoa de Antela e autoriza a súa caza xunto co paspallás. A pesar de ser unha zona ZEPA e Rede Natura, sen embargo, non se realiza o informe de avaliación das repercusións sobre a Rede Natura que esixe a Directiva de Hábitats, para que se poida permitir nela a actividade cinexética.
A Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.

Por outro lado, o Anexo V da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna silvestre establece as especies animais e vexetais de interés comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión, sempre e cando sexan compatibles co mantemento de tales especies nun estado de conservación favorable.
Polo tanto, os danos poden producirse na medida en que se permita a caza de especies sin contar con información relativa ao nivel de poboación, distribución xeográfica e tasa de reproducción das distintas especies silvestre e ao grao de incidencia da actividade cinexética na conservación das mesmas.
Estos danos, de producirse, han de calificarse como irreparables ou de difícil reparación, posto que os exemplares cazados non son recuperables.
Cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada ou ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie.
A declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.
Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.
A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas en Galicia.

Odiiiooooo a todos los asesinos maltratadores de animales inocentes!!! Ojalá cada vez que asesinan a un animal calleran muertos rabiando de dolor, todos los asesinos,con ó sin escopetas!!
Y todos los cómplices!!
Tanto los políticos que cubren dichos asesinatos,
Como los que fingen ayudar desde los ayuntamientos y son proasesinatos
Me gustaLe gusta a 1 persona