Neste ambiente de frenesí eólico, de caos e de ausencia de planificación resulta que unha empresa de Villar Mir, VM Energía, sae beneficiada. Así a Xunta de Galicia somete a consulta pública o documento de inicio do proxecto denominado «Liña de media tensión a 30 kV dende a SET Vilacoba ata a SEC Lousame«, onde se tramita como liña de media tensión a liña eléctrica de alta tensión que sae da estación colectora do parque eólico de Vilacoba, do que non hai constancia arestora da súa existencia, á estación colectora de Lousame, da que tampouco se ten noticia.
Por iso solicitamos a colaboración da cidadanía activa para axudar a frear outra desfeita eólica máis e impedir que a fragmentación das infraestruturas dos parques e das liñas de evacuación de enerxía impidan a avaliación ambiental global, sumativa e sinérxica de todos os impactos.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Segundo o Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións Técnicas Complementarias ITC- RAT 01 a 23, a liña a instalar clasifícase como Liña de Alta Tensión (LAT) da terceira categoría. Agora ben, o propio regulamento establece que:
“Se nunha instalación existen circuítos ou elementos nos que se utilicen distintas tensións, o conxunto da instalación considerarase, a efectos administrativos, referido ao de maior tensión nominal”.
Como queira que a liña que se proxecta une a subestación do Parque Eólico Vilacoba coa subestación colectora de Lousame, e dado que arestora non existe constancia algunha nin da existencia de proxecto algún relacionado co parque eólico citado nin desta subestación, resulta imposible coñecer a maior tensión nominal do conxunto da instalación, xa que logo preséntase ao público fragmentada, chegando a coñecerse tan só arestora este proxecto dunha liña de alta tensión que se somete a consulta pública co código 2020/0273 na web institucional :
Consultada a web referenciada non existe a esta data constancia algunha de ningún outro proxecto denominado “parque eólico Vilacoba” ou similar nin “subestación colectora de Lousame” ou similar. Non consta tampouco referencia algunha ás citadas instalacións nin no DOG nin na páxina web institucional: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=es_ES
No proxecto a promotora indica literalmente:
“El presente Documento Ambiental de Evaluación de Impacto Ambiental Simplificada (DsIA) pretende cumplimentar los aspectos ambientales exigidos con la amplitud y nivel de detalle determinados por el órgano y la legislación ambiental”.
Non obstante o anterior, e dado que arestora coa documentación que se somete á consulta pública, é imposible como xa se referenciou anteriormente, determinar a maior tensión nominal do conxunto da instalación a causa da fragmentación das instalacións do proxecto industrial (aeroxeneradores, subestación colectora do parque eólico Vilacoba, subestación colectora de Lousame…etc) e tendo en conta a súa afección ás masas de auga citadas, cómpre someter o proxecto industrial no seu conxunto á avaliación ambiental ordinaria en cumprimento do establecido no ANEXO III (Criterios mencionados no artigo 47.2 para determinar se un proxecto do anexo II debe someterse a avaliación de impacto ambiental ordinaria) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, tendo en conta en ademais:
a) As dimensións e o deseño do conxunto do proxecto.
b) A acumulación con outros proxectos, existentes e/ou aprobados.
c) A utilización de recursos naturais, en particular a terra, o chan, a auga e a biodiversidade.
Ao anterior hai que engadir a localización da totalidade das infraestruturas do proxecto de xeración e transporte de enerxía, xa que logo, como ben recoñece a promotora a abundancia de masas de auga, a presencia de humidais e zonas ribeiregas obriga a ter en conta a Directiva Marco da Auga (DMA).
Así dedúcese a existencia de indicios racionais de que tanto a promotora, como o órgano ambiental e o órgano substantivo da Xunta de Galicia, pretenden substraer da participación pública a avaliación ambiental global, sumativa e sinérxica da totalidade das infraestruturas que configurarían un único proxecto industrial, co fin de simplificar esta en detrimento dos dereitos da cidadanía consolidados polo artigo 45 da Constitución española e o Convenio de Aarhus e en detrimento da protección ambiental do medio natural (Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).
A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía eléctrica que por iso son fomentadas polos estamentos públicos.
Precisamente para conseguir eses obxectivos, protexer o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entro outros mecanismos está a avaliación ambiental dos proxectos industriais, que non pode ser burlada mediante a división ou fragmentación articiosa destes para eludir a finalidade prevista na normativa que a regula.

Boas! Son de Vilacoba e síntome bastante impotente con este tema. Gustaríame poder contactar con vós e facer algunhas preguntas para poder facer algo na contra de toda esta trapallada que están montando. Moitas grazas!
Me gustaLe gusta a 1 persona
Podes contactar en asociacionpetondolobo@hotmail.com
Saudos.
Me gustaMe gusta