Galería

Coñece o proxecto eólico de Statkraft que afecta a Pena Trevinca, ao Macizo Central ourensá, a 20 ríos, 6 acuíferos, 7 ZPAP, a unha manchea de hábitats e especies protexidas… e aos Dereitos Humanos

Descarga o cadro -resumo do documento de inicio do proxecto éolico Prada coas súas características máis salientables:

Existen fortes asimetrías de poder entre as empresas eólicas e as comunidades locais afectas pola invasión eólica descontrolada que se está a producir arestora. Estas asimetrías xeran situacións de abusos que derivan na vulneración de dereitos humanos.

A preceptiva licencia social

Cando unha comunidade local vese privada de horizontes e do seu dereito a decidir sobre se desexa un proxecto eólico na súa entorna ou non, cando se lle priva do monopolio sobre os bens comúns cos que coexiste, cando as grandes corporacións coa connivencia dos gobernos lles están a impoñer condicións abusivas…, hai que empezar a pensar que podemos estar ante unha situación de violación flagrante dos Dereitos Humanos, dereitos inalienables e inherentes á personalidade e á propia condición do ser humano.

MOTIVOS DE REXEITAMENTO DO PROXECTO EÓLICO PRADA E SOLICITUDE DA SÚA RETIRADA DEFINITIVA:

1.- Afección severa á Rede Natura.

  • ZEC Macizo Central (COD. ES1130002)
  • ZEC e ZEPA Pena Trevinca (COD ES0000437)

2.- Afección severa á cauces e masas de auga (vulneración flagrante da Directiva Marco da Auga – DMA).

3.- Afección severa a especies vulnerables e en perigo de extinción.

4.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres.

“Artigo 2

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

“Artigo 6

1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares.

2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivasen a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta a os obxectivos da presente Directiva.

3. Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en cuenta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.

4.- Fragmentación artificiosa de infraestruturas correspondentes ao mesmo proxecto industrial. O proxecto debe ser retirado de xeito definitivo por:

A participación do público na toma de decisións en materia do medio ambiente, e en particular, na avaliación ambiental dos proxectos industriais está recollida no Convenio de Aarhus, no artigo 45 da Constitución española e na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).

Substraer da participación pública e por tanto da avaliación por parte desta de determinadas infraestruturas, polo mero feito de ser compartidas con outras empresas (por certo, filiais da mesma matriz, isto é o grupo Statkraft), é unha violación severa do espíritu de Aarhus e dos dereitos fundamentais inalienables do ser humano, xa que está a impedir e obstaculizar a avaliación global, sumativa e sinérxica dos impactos ambientais do conxunto das infraestruturas do proxecto industrial.

Indica a promotora en relación as infraestruturas compartidas: “Estas opcións están aínda en fase de análise, e a súa viabilidade dependerá de que se materialicen os diferentes proxectos involucrados”. Pois ben, non se pode supeditar a participación pública na avaliación ambiental da totalidade das infraestruturas do proxecto industrial a que se materialice no  resto dos proxectos industriais cos que comparte infraestruturas, xa que logo, non só se vulneran dereitos fundamentais senón que tamén se está a diminuir as garantías da avaliación ambiental.

As infraestruturas de evacuación compartidas co Parque Eólico Barjas, cuxo titular é a sociedade Desarrollos Renovables Iberia Delta, S.L., pertencente tamén ao grupo Statkraft e a conexión mediante infraestruturas de evacuación compartidas con instalacións doutros promotores eólicos na zona (subestación colectora a un 5 km da Subestación Trives 220 kV, desde a cal conectarianse todas as instalacións mediante unha liña de 220 kV), deberan estar incluidas para a súa consulta pública e avaliación global no presente documento de inicio.

A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía eléctrica que por iso son fomentadas polos estamentos públicos. Precisamente para conseguir eses obxectivos, protexer o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entro outros mecanismos está a avaliación ambiental dos proxectos industriais, que non pode ser burlada mediante a división ou fragmentación articiosa destes para eludir a finalidade prevista na normativa que a regula.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s