Galería

Por fin ao » Greenwashing eólico», a práctica de facer afirmacións infladas de sustentabilidade para distraerse dun expediente ambiental cuestionable que afecta á Serra do Suído

No DOG Núm. 32, de 17 de febreiro de 2021 publicábase a Resolución do 5 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Coto Redondo, sito nos concellos de Covelo e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra (IN408A 2017/34).

Cal é o problema que plantexa este proxecto?

Velaquí se explica xa nesta imaxe do propio proxecto da promotora Coto Redondo, S.L., mais non é exclusivo deste. Outros proxectos eólicos arestora en tramitación combinan estratexias semellantes para acadar a simplificación da tramitación ambiental e impedir a participación pública na avaliación dos impactos globais do conxunto das infraestruturas.

Como se observa o proxecto sectorial do parque eólico Coto Redondo, obxecto da exposición pública, comparte infraestruturas de evacuación con outros parques da entorna, isto é, co proxecto eólico Gallas, co proxecto eólico Coto de Eiras, a subestación colectora de Lameiro, unha LAAT que vai do centro de seccionamento de Lameiro ao Alto da Telleira, que a súa vez conecta esta coa subestación Fontefría con con outros parques.

Sen embargo, e a pesar de todo este cúmulo de infraestruturas, o único que se somete a información pública e o proxecto sectorial do parque eólico Coto Redondo, cando a tramitación ambiental debérase tramitar de xeito acumulado para o conxunto das infraestruturas. Así a propia promotora deste parque indica expresamente no proxecto que:

«El Parque Eólico Coto Redondo compartirá una misma subestación colectora con otros parques del entorno, denominada Subestación Colectora Lameiro 220/30 kV. La conexión del Parque Eólico Coto Redondo con esta subestación se materializa mediante tres circuitos eléctricos subterráneos ejecutados en zanja única y conductores RHZ1 18/30 RHZ1 18/30 3x(1×400) Al. Se proyectará esta subestación colectora como una infraestructura común para conexión de varios parques eólicos del entorno y a su vez, conectará mediante una línea de 220 kV con una segunda subestación colectora (colectora principal) denominada Subestación Colectora Alto da Telleira 220/30 kV, localizada en el ámbito geográfico del proyecto Parque Eólico Alto da Telleira (expediente IN661A 2011/3-4). La Subestación Colectora Alto da Telleira 220/30 kV se conectará mediante una línea de 220 kV al nudo de la red eléctrica de transporte denominado Fontefría 220 kV, en la futura Subestación Eléctrica Fontefría 400/220 kV de REE. Ambas subestaciones colectoras y la línea de interconexión en tensión de 220 kV, serán objeto de un proyecto técnico independiente, que será tramitado en el expediente administrativo propio de las instalaciones comunes de conexión».

É evidente que a promotora pode presentar os proxectos industriais fragmentados e incluso presentalos por fases para facilitar a súa execución, pero o que non pode facer é someter a exposición pública a avaliación ambiental de tan só unha das infraestruturas do total do conxunto. E se ben as subestacións colectoras e a liña de interconexión que cita, poden ser obxecto dun proxecto técnico independente, non é certo que a efectos ambientais teñan que tramitarse como expedientes separados, xa que logo, o órgano ambiental e o substantivo, neste caso a Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, estarían a actuar de xeito fraudulento en detrimento do interés xeral para evitar que a cidadanía puidera participar na avaliación sinérxica, conxunta, acumulada, sumativa e global dos impactos ambientais derivados do conxunto das infraestuturas do que ven a ser na praxe un único proxecto industrial.

Impacto visual moi severo na AEIP Serra do Suído

O proxecto eólico Coto Redondo emprázase directamente sobre a Serra do Suído, un emprazamento de alto valor natural e paisaxístico. Atópase por iso clasificada como unha Área de Especial Interese Paisaxístico. Esta zona, xunto á Serra do Cando son as de maior afección paisaxística en termos de visibilidade. A presenza de aeroxeradores doutros parque eólicos xa construídos incrementa a fraxilidade visual do espazo e produce un impacto paisaxístico moi severo.

A acumulación de impactos e os impacto sinérxicos do conxunto das infraestruturas de todos os proxectos dilúen a protección paisaxística da que goza a serra do Suído.

Serra do Suído

Parques eólicos presentes na entorna da Serra do Suído: • Bidueiros Fase I – 23 aeroxeradores • Bidueiros Fase II – 6 aeroxeradores • Coto dás Airas – 10 aeroxeradores • Coto dás Gallas – 8 aeroxeradores • Coto de Eiras – 11 aeroxeradores • Fonteavia fase II – 6 aeroxeradores • PES Covelo – 1 aeroxerador • PES Fofe – 2 aeroxeradores. Subestacións: • Coto de Eiras • Coto dás Gallas • Fonteavia Fase I Torres meteorolóxicas • Coto dás Gallas.

Espazos Naturais Protexidos no ámbito de 5 km: atópase o Espazo Natural Protexido Río Tea.

A área de Especial Interese Paisaxístico que se atopa na contorna do proxecto é o AEIP_08_15 Serra do Suído, é unha zona de alto recurso eólico, polo que son moitos os proxectos xa instalados na zona ou en proceso de tramitación.

AEIP_08_15 Serra do Suído


Nota:

Por que a importancia da correcta avaliación do Impacto ambiental acumulativo ou sinérxico?

O impacto acumulativo é aquel que se produce pola suma de impactos de pequeno tamaño ao longo do tempo nunha mesma zona, aínda que os impactos son de pequeno tamaño, a súa acumulación fai que acaben tendo un efecto maior. Doutra banda, os impactos sinérxicos prodúcense cando se están dando conxuntamente diferentes actividades que provoquen maior incidencia ambiental.

A sinérxia é unha forma de acumulación e todos os impactos son acumulativos. Un efecto sinérxico dáse cando o impacto final é maior que a suma dos impactos individuais que o orixinaron en mágnitud, extensión e elementos afectados.

Definición do concepto de Parque eólico.

Para os efectos da elaboración do Estudo de Impacto Ambiental entenderase por parque eólico a unidade formada polo conxunto de aeroxeradores, plataformas de montaxe, torres de medición, camiños de acceso e rede de drenaxe, gabias de cableado, transformadores, subestación eléctrica de transformación, edificio de control e liña eléctrica de evacuación ata o punto de unión cunha liña de evacuación existente á que verta a súa enerxía.

En canto ao criterio para evitar a fragmentación de proxectos eólicos, o elemento definidor de que dous parques eólicos realmente forman parte dun mesmo proxecto para os efectos previstos pola normativa de avaliación de impacto ambiental será o de que realicen unha utilización común de infraestruturas. Así, todos os aeroxeradores interconectados entre si cunha evacuación única constitúen un parque eólico, de forma que hai un único parque eólico —unha única instalación de produción de enerxía eólica— cando hai unha liña única de evacuación cara a un transformador con tensión de saída idéntica á rede de transporte. Agora ben, diversos titulares de parques eólicos poden compartir una mesma infraestrutura de evacuación preexistente polo que nese caso considérase parque á que verte a súa enerxía a un transformador anterior, utilizado só por ela.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s