O DOG Núm. 32, de 17 de febreiro de 2021 publicaba a RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Coto Redondo, sito nos concellos de Covelo e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra (IN408A 2017/34).
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Coto Redondo que afecta á Serra do Suído, segundo os datos recollidos nos proxectos sometidos a exposición pública. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Coto Redondo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.





Por qué hai que deter este expolio.
Me gustaLe gusta a 1 persona
Estas acciones ponen en riesgo el abastecimiento, de agua a unos de los principales ríos de Galicia y unos de los más puros, limpios y bien conservados del país, río Tea, rio Alen y río verdugo …
Además de generar un impacto en el ecosistema natural causando daños irreversibles con las pistas de acceso y obras de preparación …
Me gustaLe gusta a 1 persona