Para o investigador do CSIC e arqueólogo da Paisaxe, César Parcero Oubiña, a Serra do Faro é algo así como o skyline da comunidade, entendido como o horizonte artificial creado pola estrutura total dunha cidade.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Serra do Faro, ampliación II, situado nos concellos de Rodeiro, Dozón (Pontevedra), San Cristovo de Cea e Piñor (Ourense). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Serra do Faro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.
Pódese acompañar ao modelo de alegación anterior o texto da sentencia STSX GAL 5691/2020 – ECLI: ES:TSXGAL:2020:5691 de data 09/11/2020, en relación á división artificial de proxectos eólicos.


