Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Suído en Fornelo de Montes e Covelo, en chan rústico de protección de espazos naturais. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto do parque eólico Suído, nos municipios de Fornelo de Montes e Covelo (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do proxecto do parque eólico Suído. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

O artigo 46.3 da Ley 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, indica: «Os órganos competentes, no marco dos procedementos previstos na lexislación de avaliación ambiental, deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a deterioración, a contaminación e a fragmentación dos hábitats e as perturbacións que afecten as especies fóra da Rede Natura 2000, na medida que estes fenómenos teñan un efecto significativo sobre o estado de conservación dos devanditos hábitats e especies».

Polo tanto existen razóns suficientes para impedir a instalación de calquer parque eólico na Serra do Suído, en tanto que vai afectar a superficies de matogueiras húmidas e turbeiras, ambos hábitats prioritarios da Rede Natura 2000, motivos polos que no seu momento fora obxecto de proposta para a ampliación desta. Mais na Ley 42/2007 está bastante claro que se deben adoptar medidas para evitar o seu deterioro e non enchela de eólicos.

Imaxes do documento de inicio do proxecto do parque eólico Suído en Fornelo de Montes e Covelo (Pontevedra)

Consulta o documento «Conservación e Xestión de Humidais en Galicia» de Pablo Ramil-Rego, Luis Gómez-Orellana, Javier Ferreiro da Costa (Editores):

https://lifetremedal.eu/wp-content/uploads/2017_xestionhumidais-98.pdf?fbclid=IwAR2AJbYCZNNWlqBx_vew-eUMPBY6rfoaOrNxh64va-4crdiCH90e3t-DobA

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s