Imaxe cortesía do compañeiro Bruno Centelles
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Alto do Torreiro, en Corcoesto e Coristanco (A Coruña) e a súa relación co proxecto eólico Bustelo -Baralláns, co que comparte infraestruturas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Alto do Torreiro, ao que podes acompañar o documento pdf anterior. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.
Prazo para presentar alegacións ou suxerencias: ata o 19 de abril de 2021.



