Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Puza nos municipios de Avión (Ourense) e A Lama e Fornelo de Montes (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Puza. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.
Lembrar….: o artigo 46.3 da Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, indica: “Os órganos competentes, no marco dos procedementos previstos na lexislación de avaliación ambiental, deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a deterioración, a contaminación e a fragmentación dos hábitats e as perturbacións que afecten as especies fóra da Rede Natura 2000, na medida que estes fenómenos teñan un efecto significativo sobre o estado de conservación dos devanditos hábitats e especies”.




O meu é unha pregunta:
Acabo de descargar o modelo de alegación. Eu son de Pontevedra, dende logo non teño leiras en ningunha desas zoas, simplemente adhirome a ésas alegación por solidariedade, Son persoa física, non firmo cómo unha asociación, a nivel individual, Podo fácelo? Onde podo presentalo sin ter que solicitar cita previa.?asigno Pontevedra , Avión, o A Lama
Grazas, espero a resposta a ser posible o meu email
Me gustaLe gusta a 1 persona
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365 ou certificado dixital. Outra opción é a través de Correos, enviando todo mediante carta certificada en sobre aberto, con copia para que quede constancia da data de presentación dá alegación.
Me gustaMe gusta