Imaxe do documento de inicio do pe Rosa dos Ventos
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Rosa dos Ventos nos municipios da Estrada, Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo -Cotobade (Pontevedra), segundo os datos recollidos no seu documento de inicio. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao documento de inicio do proxecto eólico Rosa dos Ventos. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.
O caos eólico da Xunta leva a Wind Premier Rosa Dos Ventos, S.L., antes Greenalia Wind Power Rosa Dos Ventos SL, a presentar un proxecto de 3 aeroxeradores pero planifica a execución de 8.
Esta incoherencia grave sucede co proxecto eólico Rosa dos Ventos, precisamente na fase de consulta pública. A empresa debe aclarar os motivos polos que inicialmente fala dá instalación de 3 aeroxeradores pero logo describe a implantación de 8, no relativo á afección dos recursos hídricos. Estas incoherencias na fase de consulta pública xera unha importante inseguridade xurídica e non é máis que a mostra do caos e da falla de planificación eólica da Xunta de Galicia e a falla de seriedade e responsabilidade das empresas para coa cidadanía.
