Lavanco real
Pide á Xunta de Galicia a protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!
Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:
1.- A protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación polos motivos expostos.
2.- Adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación adiantando así os prazos previstos no Regulamento (UE) 2021/57 da Comisión do 25 de xaneiro de 2021 que modifica, polo que respecta ao chumbo na munición das armas de fogo utilizadas nos humidais ou nas súas inmediacións, o anexo XVII do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH).
3.-No tocante á arcea (scolopax rusticolus), dada a escaseza, ínstase a prohibición de campionatos da especie e a realización de censos da especie e de estudos científicos rigorosos sobre da súa viabilidade como cinexética na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.
4.- A prohibición de ceibar especies exóticas (invasoras ou non) de caza, por exemplo o faisán, na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.





