Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Pedrabante e a súa infraestrutura de evacuación nos municipios de Carballo, Tordoia, Val do Dubra, Trazo, Vimianzo, Ordes, Cerceda e Carral. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Pedrabante e a súa infraestrutura de evacuación. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de xuño de 2021.
Á anterior alegación non esquezas engadir os seguintes documentos pdf:
Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.
Achégase NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro, como DOCUMENTO NÚMERO 2.

É necesario mirar polo ben do planeta sin destrozálo e perturbar a vida silvestre por puro egoísmo. O certo e que non hay dereito algún a actuar ou levar un proxecto de estas magnitudes so porque de ese modo nos beneficia, e non veñades co conto de que é algo ecolóxico xa que o propio feito de cambiar parte dun territorio deixando en él algo que non lle corresponde, fai xustamente o contrario.
Deixade as cousas tal e cómo están, xa alteramos demasiado este mundo.
Me gustaLe gusta a 1 persona
Bòs días , son veciña de Carballo e a nòs afèctanos tanto èste coma outro proxecto anterior que è o de Orzar e Tornado , qué podemos facer ou quen nos pode acudarca presentar unhas alegaciòns coma estas. Precisamos axuda e estudos que reafirmen ditas alegaciòns. Onde podemos acudir?
Moitas grazas de antemàn.
Me gustaLe gusta a 2 personas