Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Berdoias e a súa infraestrutura de evacuación nos municipios de Vimianzo, Muxía, Dumbría, Ordes, Cerceda, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Zas e Carral. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Berdoais. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de xuño de 2021.
Á anterior alegación non esquezas engadir os seguintes documentos pdf:
Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.
Achégase NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro, como DOCUMENTO NÚMERO 2.

