Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da liña de evacuación conxunta dos parques eólicos Axóuxere, Cunca e Rodeira nos municipios de Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o resumo do documento de inicio:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da liña de evacuación conxunta dos parques eólicos Axóuxere, Cunca e Rodeira nos municipios de Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Recoméndase presentar o antes posible.



Indecente!!!!
Me gustaLe gusta a 1 persona