Galería

O parque eólico Mesada ameaza ao humidal das Brañas da Seixiña no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra). Pide a revisión da Declaración de Impacto ambiental para a súa conservación. Descarga o modelo e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude de revisión do parque eólico Mesada no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Recoméndase presentar o antes posible.

Á anterior solicitude de revisión non esquezas engadir o seguinte documento:

Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.

O Humidal das Brañas da Seixiña

Ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de  turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e  acumuladores de carbono.

O humidal As Brañas da Seixiña ocupa unhas dimensións entre os 70.000 e 80.000 metros cadrados. As parcelas afectadas ubícanse na paraxe da Armada, Seixiñas e Zarra de Fontán ou Guntán, nos polígonos 78 e 79 do Catastro parcelario do municipio de Vila de Cruces.

A estrutura pechada e  esponxosa das turbeiras actúa como importante regulador dos ciclos hidrolóxicos. A auga caída durante choivas intensas e copiosas almacénase dentro desta enorme esponxa, de forma que se suprimen e lamínan posibles picos de inundación augas abaixo, evitando procesos  erosivos e mesmo danos ás poboacións que se atopan nesa conca  hidrográfica.

Posteriormente, toda a auga retida pola  turbeira libérase paulatinamente, o que proporciona un caudal máis constante durante máis tempo e, por tanto, máis útil para o home e os ecosistemas. A retención de auga na estrutura  esponxosa dos esfagnos proporciona auga a outras especies vexetais en épocas de escaseza de choivas. Esta particularidade fai que as  turbeiras alimenten ríos e regatos á vez que manteñen pastos máis frescos en épocas de verán ou seca, o que as fai indispensables para a biodiversidade e agricultura augas abaixo, e moi interesantes desde o punto de vista do aproveitamento gandeiro onde se atopan, a condición de que este sexa de forma extensiva, evitando a excesiva pisada da  turbeira. As Brañas da Seixiña son alimentadas polas augas do Regueiro O Seixo, na Zarra de Fontán ou Guntán, no lugar da Pastoriza, parroquia de Carbia (Vila de Cruces). O Regueiro O Seixo orixínase no nacemento do rego do Seixo que aliméntase no seu devir das augas doutros puntos de auga que abrollan no terreo.

Carum verticillatum, especie propia dos humidais galegos e que dá nome á parroquia de Carbia en Vila de Cruces (Pontevedra)

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s