Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da estación eólica Farrapa II nos municipios de Abadín e A Pastoriza (Lugo), na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Pica no enlace e descarga o resumo do documento de inicio:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións á estación eólica Farrapa II nos municipios de Abadín e A Pastoriza (Lugo), na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Data límite para a presentación de alegacións: 24 de xuño de 2021.
