Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Prazo: recoméndase presentala solicitude o antes posible.
Solicítase á Xunta de Galicia:
1.- A publicación no Diario Oficial de Galicia do texto íntegro do Plan Sectorial Eólico de Galicia, para o seu coñecemento pola cidadanía, en virtude do principio de publicidade normativa.
A publicidade das normas é un principio esixido pola seguridade xurídica, que permite á cidadanía coñecer as disposicións normativas que están obrigados a cumprir. A publicidade das normas constitúe un dos piares do Estado de Dereito, a diferenza da época absolutista, en que existían preceptos secretos. Dado que «a ignorancia das leis non escusa do seu cumprimento» (art. 2.1 do Código Civil), ha de facilitarse o coñecemento das normas pola cidadanía, para o que estas publícanse no Diario Oficial. A Constitución Española, no seu artigo 9, que recolle os principios en que se concreta a definición do Estado de Dereito proclamado no artigo 1, garante ademais da seguridade xurídica, a publicidade das normas.
A cidadanía temos dereito a coñecer que son e cales son as Áreas de Desarrollo Eólico, temos dereito a coñecer que parques eólicos afectan aos nosos municipios, ás parroquias e aos lugares nos que residimos e temos dereito a coñecer as poligonais de delimitación dun parque eólico, esas áreas efectivamente afectadas pola instalación dun parque eólico determinada no seu proxecto de execución e nas que se poden ubicar as nosas vivendas.
2.- Proceda a adopción da medida cautelar urxente consistente na paralización da aplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia en tanto non se publique o texto íntegro deste no Diario Oficial de Galicia, para xeral e público coñecemento do seu contido.
Hai que páralos!!!!
Me gustaLe gusta a 1 persona
Es necesario el cuidado medioambiental de la comunidad,ya q no lo tiene en cuenta el gobierno autónomo y el conocimiento de los cambios q se realicen
Me gustaLe gusta a 1 persona