Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da estación eólica Tesouro e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Tesouro, un dos 6 a desarrollar por Enel Green Power España á beira da ZEC «Xubia -Castro», das Fragas do Eume e da Serra do Forgoselo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 27 de xullo de 2021.


Ola! En relación á alegación do PE Tesouro dicir que unha das liñas que saen do nó co que establecen a conexión (en concreto As Pontes-Meson do Vento) (As Pontes de García Rodríguez 400 kV) cruza de cheo as Fragas do Eume, a reserva das Mariñas coruñesas e terras do Mandeo. A miña pregunta é se non seria oportuno incluír na alegación algún comentario ao respecto? A liña fixose na década dos 70, sen respeto no trazado en canto ao seu paso polo territorio, fragmentando núcleos rurais e en moitos casos a pouca distancia das vivendas.
Creo que ademais a evacuación seria compartida cos outros 6 PE previstos por Enel Green power.
Un saúdo
Me gustaLe gusta a 1 persona
Boas María. O modelo de alegación é simplemente un modelo e por suposto, moi mellorable. Podes modificalo e engadirlle o que consideres conveniente. O importante é o exercicio da cidadanía activa e que esta exprese a súa opinión con respecto a este proxecto. Gracias!
Me gustaMe gusta