Galería

Coñece a solicitude de concesión da mercantil Tasga Renovables para o aproveitamento hidroeléctrico do lago das Encrobas. Descarga o modelo de alegación e participa!

No BOP nº. 135 do 20 de xullo de 2021 publicábase o Anuncio do 13 de xullo de 2021 de apertura do trámite de competencia de proxectos do expediente de solicitude dunha concesión para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no lago de Meirama, concellos de Cerceda e Carral (clave: AC/11/177).

O ente público empresarial Augas de Galicia procede a someter a competencia de proxectos a instancia presentada relativa á solicitude dunha concesión de augas superficiais para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no lago das Encrobas ou de Meirama, conforme preceptúan os artigos 104 e seguintes do Real decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico (en diante RDPH).

A mercantil peticionaria Tasga Renovables, S.L. solicita o aproveitamento hidroeléctrico para uso industrial para a produción de enerxía eléctrica. A tal efecto solicita un caudal de auga de 67.500 l/s. As augas prevé derivalas do lago das Encrobas ou de Meirama e as obras afectarían aos municipios de Cerceda e Carral (A Coruña).

Desde marzo do 2008 non pararon as achegas de auga dos ríos limítrofes, un par deles en fervenza, así que tiveron 13 anos para asentarse o actual lago. Anos e anos de sacrificio e derivacións do caudal dos ríos limítrofes para agora privatizar un ben público como é a auga do lago das Encrobas.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacion á oposición da solicitude de concesión para o aproveitamento hidroeléctrico do lago das Encrobas ou Meirama. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as consideracións ao documento de inicio do proxecto: 20 de agosto de 2021.

Accede ao anuncio no BOP da Coruña:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/07/20/2021_0000005694.html

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s