Galería

Entidades bergantiñás piden á Fiscalía Xeral do Estado que investigue se hai corrupción ou tráfico de influencias no caso das becas coas que EDP Renovables incentivaría ao concello de Laxe

A portuguesa EDP Renovables presenta no concello de Laxe un programa de becas escolares que chama Green Education, nome que se contradí coa praxe da empresa no que ao medio ambiente se refire. A iniciativa que sería moi loable en condicións normais, provoca sen embargo dúbidas razoables ante o feito de que o concello de Laxe ten que informar en varios trámites administrativos nos tres expedientes que a empresa tramita na Xunta, para os parques eólicos Soesto, Pena dos Mouros (á beira da Rede Natura) e Monte Chan, con unha incidencia ambiental severa e prexuizos irreversibles para a Rede Natura e ás paisaxes.

Na contorna dos tres parques eólicos, que forman parte do Complexo eólico que a empresa portuguesa prevé para a Costa da Morte, desenvólvese unha elevada diversidade de biótopos ou ambientes, entre os que destacan os incluídos na ZEC de Costa da Morte e a ZEPA Costa da Morte Norte. Respecto ás Zonas de protección da avifauna, as máis próximas coinciden coa delimitación da ZEPA Costa da Morte e á paisaxe protexida Penedos de Pasarela e Traba. Asimesmo a incidencia nas paisaxes e no turismo local é espectacular, polo que os informes favorables do concello de Laxe, facilitarían moito a tramitación dos parques eólicos da mercantil portuguesa.

Cómpre lembrar que os tres proxectos presentan especial afección a:

* Miradoiro de Torre dá Moa, miradoiro de Lourido e miradoiro da Ínsua (Península de Laxe) e faro de Laxe.

• Praias de Traba, Soesto e Laxe (Laxe)

• Núcleo urbano de Laxe e núcleos rurais dos vales de Traba e Soesto

* Penedos de Pasarela e Traba

* Ao sistema dunar e á escribenta das canaveiras.

As entidades ambientais Petón do Lobo, a asociación galega Cova Crea e a defensora do río Anllóns, a entidade de ámbito nacional O Ouriol do Anllóns, presentaron na Fiscalía Xeral do Estado unha solicitude de investigación sobre se hai corrupción ou tráfico de influencias no caso das becas escolares coas que EDP Renovables incentivaría ao concello de Laxe.

As entidades queren lembrar que ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe, en vigor o 1 de marzo de 2004, e que España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008), o papel do dereito non é recoñecer e protexer un valor ou unha beleza paisaxística particulares; o que o dereito debe recoñecer en primeiro lugar e, por conseguinte protexer, é un valor complexo: a necesidade de toda a cidadanía de establecer unha relación sensible co territorio, de beneficiarse desta relación e de participar na determinación das características formais dos lugares que habitan ou frecuentan. Ninguén, incluída EDP Renovables, o Alcalde de Laxe ou a Xunta de Galicia, teñen dereito a  emborronar a dimensión paisaxística dun territorio sen ter primeiro en conta o interese do conxunto da poboación local afectada. E o dereito á Paisaxe non pode ser determinado por un desenvolvemento económico que non ten en conta a aparencia dos territorios aos que afecta, senón que debe reflectir as verdadeiras aspiracións dos homes e mulleres que o habitan. E no caso destes tres parques eólicos, o rexeitamento e a falla de licencia social están sobradamente acreditadas.

Por outra banda lembran tamen a prohibición da recalificación urbanística dos montes afectados por incendios, como é o caso.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s