Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico San Martiño no municipio de Baltar (Ourense) e a súa afección á Reserva da Biosfera “Transfronteiriza Gêres-Xurés”, que forma unha unidade coa ZEPA PT002 e Parque Nacional Peneda-Gerês en Portugal. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico San Martiño no municipio de Baltar (Ourense) e a súa afección á Reserva da Biosfera “Transfronteiriza Gêres-Xurés”, que forma unha unidade coa ZEPA PT002 e Parque Nacional Peneda-Gerês en Portugal. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 9 de decembro de 2021.
Podes consultar neste enlace o plano do parque eólico San Martiño elaborado pola Plataforma Monfero Di Non: