
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 7 de xaneiro de 2022.
Achégase como Anexo o cadro -resumo das características e impactos do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas, nos concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (expediente IN408A 2020/144), DOG Núm. 198, de 14 de outubro de 2021, que garda relación co proxecto eólico Vilacova, por ser parte da súa infraestrutura de evacuación, que se pode engadir ao escrito de alegacións:
Flora chave para os ecosistemas e presente na área de afección do proxecto: Ranúnculo acuático (Ranunculus penicillatus)
Podes consultar o mapa do parque eólico Vilacova e parte da súa liña e evacuación na páxina web da Plataforma Monfero Di Non: