Galería

Coñece o parque eólico Monte Festeiros nos municipios de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e a súa afección á Serra do Candán e ás Brañas de Xestoso. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Monte Festeiros nos municipios de Silleda e Forcarei (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Monte Festeiros nos municipios de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e a súa afección á Serra do Candán e ás Brañas de Xestoso. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 10 de febreiro de 2022.

Estes modelos de alegacións recollen a presencia doutras aves afectadas polo pe. Monte Festeiros como o sisón (Tetrax t.), con cría confirmada alí até fai poucos anos; as avetardas (Otis tarda) que chega a finais do verán en dispersión postnupcial, ao igual que o elanio (Elanus caeruleus) e a tartaraña (Circus aeruginosus), por consello e cortesía do colectivo fotográfico Naturgalicia.

Podes consultar o plano elaborado pola Plataforma Monfero Di Non no seguinte enlace:

Un comentario sobre “Coñece o parque eólico Monte Festeiros nos municipios de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e a súa afección á Serra do Candán e ás Brañas de Xestoso. Descarga o modelo de alegación e participa!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s