
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da Central hidroeléctrica reversible ou de bombeo que prevé Coventina Renovables (ou Tasga) para o lago das Encrobas ou Meirama. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 12 de abril de 2022.

Podes consultar o anuncio do BOP:
Imaxes do Complexo húmido do Xalo: Braña Grande e Brañas do Torreiro, afectadas polo proxecto de Coventina Renovables.



Mira o video sobre os impactos do proxecto sobre a Braña Grande e as brañas do Torreiro: