
Entidades eco-feministas como Loba Lilas e Spitfire, Petón do Lobo e a asociación galega Cova Crea critican a composición «machista» do Comité galego de Caza.
Segundo o borrador da acta do Comité do ano 2021 das 14 representacións que ostenta a Xunta de Galicia no Comité galego de Caza, 7 son mulleres. Ademais as designacións realizadas pola Xunta entre as vogalías de recoñecido prestixio que compoñen o Comité tamén recaen en homes.
A única representación das entidades ecoloxistas e naturalistas de Galicia tamén é unha muller.
Estas representacións acadan un 32% da composición do Comité, que dun total de 28 persoas, tan só 8 son mulleres.
Por tanto estase a vulnerar a paridade da que fala a Lei galega de Caza, que no artigo 78 citado, manifesta que na composición dos comités de caza procurarase acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes.
A isto hai que engadir que as persoas representantes non teñen por que adicarse específicamente á actividade cinexética, senón que poden designarse a persoas alleas ao sector no caso de déficit de representación feminina. Sen embargo, a Federación Galega de Caza, fai recaer todas as súas designacións en homes.
Así, tanto o presidencia da FEG como as representacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra recaen en homes, ao igual que a representación das asociacións de cazadores designados pola FEG. Por último a representación das asociacións de propietarios de terreos cinexéticos tamén recae nun home.
Esta falla de paridade tamén se estende á composición dos Comités provinciais de caza. Así no Comité de caza da Coruña do ano 2021 de 9 representacións, tan só 2 correspondían a mulleres. Semellante situación produciuse no Comité de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Piden a retirada das axudas e subvencións públicas a entidades de caza que non cumpran coa Lei de igualdade
Unha democracia paritaria e unha sociedade inclusiva non pode amparar que as mulleres queden fóra dos órganos de representación que se financian con fondos públicos como é a actividade da FEG. A Xunta de Galicia neste caso ten unha especial responsabilidade para que isto non suceda.
Podes consultar a composición do Comité galego de caza no seguinte enlace:
Pide a paridade. Descarga o modelo de solicitude e participa!