Galería

Pedimos a prohibición da caza na ZEPA Lagoa de Antela. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Entidades ecoloxistas piden a prohibición da caza na ZEPA lagoa de Antela, na comarca da Limia.

Unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) é unha categoría de área protexida catalogada polos estados membros da Unión Europea como «zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción», de acordo co establecido na directiva comunitaria 79/409/CEE e modificacións subseguintes («Directiva sobre a Conservación de Aves Silvestres» da UE). A convención parte do recoñecemento de que as aves do territorio europeo son patrimonio común e han de ser protexidas a través dunha xestión homoxénea que conserve os seus hábitats. Baixo a Directiva, os estados membros da Unión Europea asumen a obrigación de salvagardar os hábitats de aves migratorias e certas aves particularmente ameazadas.

A Xunta de Galicia autoriza a caza do paspallás (Coturnix coturnix) e pombo torcaz na Lagoa de Antela.

A poboación do paspallás nin é residual nin resulta acreditado que non implique danos a esta ou a outras poboacións para as que sí está prohibida a caza. Ademais está o problema do uso do chumbo nos humidais, que no caso de Galicia é particularmente grave, se temos en conta que no Inventario de humidais de Galicia só están recollidos os que gozan da protección do Convenio Ramsar, deixando aos que están fóra da Rede Natura 2000 totalmente desprotexidos (prohibición en vigor a partir 15 de febreiro do 2023 coma así o dispón o regulamento REACH aprobado polo MITECO o 25 de xaneiro do 2021).

Polo tanto e para garantir a conservación das aves en perigo de extinción que habitan nos humidais como a lagoa de Antela é preciso prohibir calquer tipo de caza nestes espazos.

ZEPA Lagoa de Antela

Descarga o modelo de solicitude e participa!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s