
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solictude de acceso á información en materia de caza en Galicia. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso de alzada: 30 de maio de 2022.
Que se pide?
1.- A participación pública na elaboración dos plans de ordenación cinexética nas zonas libres de caza, dado que están a elaborarse, segundo se comentou no Comité galego de caza. Con esta finalidade prégase que procedan á apertura dun periodo de participación pública para o envío de suxerencias e o fomento da participación pública na súa elaboración e así garantir os distintos intereses afectados, tal e como recolle o artigo 1 da Lei 13/2013, de 23 de decembro, de caza de Galicia. Ademais como ben di a exposición de motivos da lei, a caza constitue un dereito orixinario que corresponde a todos os administrados.
2.- No caso de estaren xa elaborados, acceso aos plans de ordenación cinexética das zonas libres de caza, e acceso aos plans anuais de aproveitamento cinexético das zonas libres de caza.
3.- Aclaren a esta parte se a Dirección Xeral de Patrimonio Natural cumpriu a súa obriga de xestión das zonas libres de caza e se prevé comezar a nova tempada de caza (1 de agosto), con ou sen plans de xestión para estas zonas libres.
4.- Acceso a esta parte, na forma que lles resulte máis fácil, aos plans de ordenación cinexética e aos plans anuais de aproveitamento cinexético aprobados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Os plans de ordenación cinexética tiveron que aprobarse en marzo deste ano. Confirme este extremo e faciliten o acceso aos mesmos.
5.- Reitérase a solicitude de prohibición dos campionatos de raposos, xa que logo a súa finalidade contradí o artigo 1 da Lei de caza de Galicia. Téñase en conta que o rexeitamento social aos campionatos de raposos e á caza do raposo en xeral increméntase cada ano en Galicia e é fácilmente constatable. Non ten sentido que se apoie a caza dunha especie que goza de gran aprecio por parte da cidadanía polas excelentes funcións ecosistémicas que desempeña.
6.- Remita a esta parte ou poña a disposición desta parte un exemplar do Manual dos plans de ordenación cinexética (POC) que teñen a disposición pública para a elaboración destes por parte dos Tecores e ao que fixeron referencia na reunión do Comité galego de caza do día 4 de abril.
7.- Acceso aos informes técnicos e estudos que mencionou a Presidenta do Comité galego de Caza durante a reunión do día 4 de abril de 2022 (reunión do Comité galego de caza) e que se consideran importantes para esta parte e en xeral para as entidades naturalistas e ecoloxistas de Galicia, para entender a planificación e os datos da tempada de caza para o ano 2022/2023 realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
8.- Procedan á revisión dos plans de aproveitamento cinexético tendo en conta que nos termos municipais de Guitiriz, Vilalba, Xermade e Aranda é posible a presencia da cría de abetouro ou boi, especie en perigo de extinción. O mesmo se pide en relación coa posible presencia de arcea nidificante no Monte Neme, entre os municipios de Carballo e Malpica de Bergantiños, e todo elo coa finalidade de recuperar e conservar estas especies. Indiquen as medidas a adoptar nestes casos.
A Sociedade Galega de Historia Natural, en contra da caza do raposo: “É un contrasentido”
«Eses campionatos perpetúan a idea de que os raposos son unhas alimañas ás que controlar», denuncia Serafín González.
