Galería

Xa podes descargar o modelo de recurso de alzada á resolución de autorización do parque eólico A Lagoa II en Santa Comba e Zas. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada á resolución de autorización do parque eólico A Lagoa II en Santa Comba e Zas. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso de alzada: 21 de abril de 2022. *** Para as persoas que presentaran alegacións o prazo para presentar o recurso remataría ao mes da correspondente notificación.

ANUNCIO BOP da Coruña: Resolución do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, relativa ao parque eólico Lagoa II

Problemática dos parques eólicos A Lagoa I, A Lagoa II e a súa liña de evacuación:

  • División artificiosa de proxectos aos efectos ambientais.

As instalacións de evacuación son intrínsecas e comúns ao parque eólico A Lagoa I e ao parque eólico Lagoa II, por tanto, debería analizarse en todo o procedemento de avaliación ambiental. Esta infraestrutura resulta imprescindible para a viabilidade e desenvolvemento dos parques eólicos indicados, debido ao cal débense analizar pormenorizadamente os efectos e impactos da totalidade das infraestruturas asociadas ao parque.

A inclusión dos efectos e impactos ambientais dos dous parques eólicos e das instalacións de evacuación de enerxía e de conexión incrementarían considerablemente a magnitude dos impactos detectados no EIA, facendo necesario valorar outras alternativas ou implementar novas medidas correctoras.

Cómpre resaltar o carácter unitario dos parques eólicos previstos, no sentido de que todos os seus elementos e instalacións deben contemplase desde unha perspectiva unitaria, desde os accesos e os propios aeroxeradores ata a liña de conexión dos parques no seu conxunto coa rede de distribución ou transporte de electricidade. Iso conleva, efectivamente, que non pode darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma  artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores esixencias ambientais.

A Avaliación de Impacto Ambiental de Proxectos é unha técnica que non admite sucedáneos ou substitutos e que, por tanto, debe esixirse de forma íntegra, a fin de non frustrar a súa funcionalidade.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s