
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación única aos parques eólicos Xeada, Orballeira e Neboada que afectan á ZEC e ZEPA Ancares -Courel, á ZEC Macizo Central, ao Parque Natural da Enciña da Lastra e ao Xeoparque Montañas do Courel. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin prazo para alegacións ao parque eólico Xeada: 18 de maio de 2022. Fin prazo para alegacións ao parque eólico Orballeira: 20 de maio de 2022. Fin prazo para alegacións ao parque eólico Neboada: 13 de maio de 2022.

Coñece as características dos proxectos dos parques eólicos Xeada, Orballeira e Neboada. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Os proxectos dos parques eólicos Xeada, Orballeira e Neboada están relacionados co parque eólico Treboada, que xa foi obxecto de exposición pública. Pica no enlace para recordar as características deste outro parque. Tamen podes acompañar este documento coas alegacións que presentes aos primeiros.